Cal é o papel de Galicia no Debate de Investidura de Pedro Sánchez?

O BNG lamenta que o país estea "desaparecido" do debate porque para PP, PSOE e Podemos "non conta nada"; o PPdeG censura que Sánchez chegue ao debate sen acordo e Galicia en Común fixa como "retos" lograr un "financiamento xusto" e o traspaso da AP-9

Por Galicia Confidencial | Compostela | 22/07/2019

Galicia conta ou non conta no Debate de Investidura?. A esa pregunta tentaron darlle resposta este luns diferentes dirixentes políticos sen atopar puntos en común. Mentres que os populares céntranse nas dificultades de acordo de Pedro Sánchez con Podemos e nacionalistas e independentistas, no BNG critican que Galicia quedará fóra do debate estatal.

O portavoz parlamentario do PPdeG, Pedro Puy, cualificou de "atípico" que Pedro Sánchez iniciase o debate de investidura sen os apoios necesarios, o que supón unha ruptura con "o espírito da tradición na democracia española". "Cremos que hai formas mellores de prestigiar a democracia española", aseverou Puy a preguntas dos medios durante unha rolda de prensa celebrada en Ribadavia .

"O debate de investidura é un exemplo dunha forma de ir aos poucos socavando as prácticas democráticas que tiñan certa tradición na democracia española", apuntou o portavoz dos populares na Cámara galelga, quen afea a Sánchez que se enfrontase ao debate de investidura "despois de moitos meses de abandono" das "funcións" de lograr os apoios necesarios para converterse en presidente.

Así, tras pór o foco en que "o normal é chegar ao debate cunha maioría suficiente e un programa coñecido", Puy censurou que o que existe é "un esforzo de última hora máis ben centrado en quen ocupa que postos sen facer unha indución programática". "É unha investidura atípica, unha situación atípica máis ás que nos ten adoitado o señor Sánchez", remarcou.

BNG

Pola súa banda, a líder do BNG, Ana Pontón, lamentou que Galicia estea "desaparecida" do debate de investidura que se celebra no Congreso dos Deputados pola "irrelevancia" á que PPPSOE e Podemos conducen á Comunidade. "Neste tres meses desde as eleccións vimos de todo. O único que non vimos foi a Galicia", manifestou Pontón, que criticou que para as forzas estatais "este país" non "conte nada". "Porque en Madrid se toman decisións que afectan as nosas vidas e ao noso desenvolvemento como país", sinalou.

Entre as cuestións relevantes que marca Madrid, Ana Pontón citou o financiamento da sanidade e a educación, as peaxes da AP-9, a modernización do transporte ferroviario, o marco enerxético que condiciona miles de empregos ou un sistema de financiamento "discriminatorio". "Pero o que nos dixeron neste tres meses é que os problemas dos galegos non van ter solución, porque nin tan sequera están na axenda", apuntou.

De feito, a líder do Bloque sinalou que ningún dos 23 deputados e deputadas electos por Galicia introduciu no debate de investidura "nin unha soa proposta que teña que ver coa defensa dos intereses do país" e "limítanse a obedecer as directrices das súas direccións madrileñas". "É un retrato perfecto da discriminación das forzas estatais", trasladou a líder do BNG, que se preguntou se "alguén está pendente de Galicia".

GALICIA EN COMÚN

No Parlamento, a deputada de Galicia en Común, Yolanda Díaz Pérez, dirixiuse ao candidato socialista á presidencia do Goberno, Pedro Sánchez, para pedir "un goberno de coalición valente e progresista" que atenda os "retos de Galicia" recollidos na "axenda galega" que, segundo a parlamentaria por Pontevedra, o socialista "coñece ben".

Durante a súa intervención no debate de investidura no Congreso, Díaz indicou que entre eses "retos" está lograr un "financiamento xusto" para Galicia, desbloquear infraestruturas como as "conexións ferroviarias e marítimas" e culminar a transferencia da titularidade da AP-9, que quedou 'conxelada' polo adianto electoral.

Ademais, tamén puxo o foco en avanzar en asuntos como o saneamento das rías e atender os "sectores estratéxicos" de Galicia, entre os que situou o lácteo, o naval e a pesca.

Por último, citou o proceso de recuperación da titularidade pública para o Pazo de Meirás, en Sada (A Coruña), na actualidade en mans dos herdeiros do ditador Francisco Franco. "Estamos a piques de conseguilo", apostilou.

Estas foron as referencias a Galicia por parte de Díaz, encargada de defender a postura no debate de investidura da coalición galega que se fixo con dous deputados o pasado 28 de abril e que se integran no Grupo Confederal de Unidas Podemos. Así, mostrouse "confiada" na esperanza dun "cambio" en España. "Estamos en condicións de facer historia, sen subterfugios, cun goberno de coalición", recalcou a deputada galega.

Por iso, pediu que se estea á "altura das circunstancias" e espetou a Pedro Sánchez que llo deben a todos os que "tanto loitaron para chegar ata aquí". Referiuse ás mulleres que conseguiron o voto na Segunda República e aos "millóns" de persoas que "nunca perderon a esperanza", aínda nas circunstancias máis adversas.

Tamén aludiu aos que "ocuparon as prazas o 15M". Na súa opinión, desde entón "España nunca volveu ser igual" e lembrou tamén as mulleres que un 8 de marzo deron "unha lección ao mundo". Todos, dixo, esperaban un momento como este, cun "un goberno de coalición valente e progresista".

Díaz citou a precariedade laboral, a xente "que malvive", algo que considera unha "emerxencia social" e neste sentido animou ao presidente en funcións a actuar para rebaixar os alugueres, loitar contra a violencia machista, baixar a factura da luz e reformar a sanidade, a dependencia e a educación.

Ao seu xuízo, nas eleccións xerais do 28 de abril o pobo outorgoulles un mandato, o de dialogar. "Nós traemos desde Galicia en Común o anhelo do que di a sociedade, que é posible, chegamos aquí para dicir que é posible cambiar a vida da xente. Están a esperarnos señor candidato; a xente cre que si se pode", concluíu.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

17 comentarios
  • Páxinas
  • 1
  • 2
  • 9

    anonimo

    Efectivamente, España nos rouba: os pensionistas de Madrid ou de Valencia cobran grazas ao que cotizan os millóns e millons de traballadores de Lugo e Ourense. Se non fora polos millóns de traballadores galegos que están a cotizar, en España ninguén cobraba pensión.

    1 resposta
    1

    Por ProbeGaliza: "Nos rouba" a boa colocaçom dos pronomes, por exemplo.


    8

    Dalle que libras

    Pero coas reportaxes que lle dedical La VOX de Galicia a Ana Pontón xa é dabondo

    1 resposta
    1

    Por Un galego: Igualito que cando llas dedicaba a AGE e ás Mareas. La Vox sempre fai o que lle convén. O que pasa é que algúns teñen pouca memoria ou, o que é peor, cando os favorece a eles calan e cando os desfavorece é por culpa do BNG. Claro que de hipocresía os galegos sabemos moito (TODOS).


    7

    Pater

    O papel de Galicia neste debate e en debates moito máis importantes que este é cero. Así o quixeron a maioría de galegas e galegos. Nada que engadir, só que por favor a estas alturas os comentarios paternalistas de algúns son patéticos. O país é este, a realidade é esta.


    6

    GALIZA SI

    NINGUN... os elementos están a roubarnos 500 millons de euros... (tone e ferrola) son expañolentos... Expaña nos rouba e alguns instrumentos de expaña os podremios tenta engañar os galegos pero non o van conseguir... NON O CONSEGUIRAN ... GALIZA SERA CEIBE!!!

    1 resposta
    1

    Por nostrus: Galiza NON, Galicia SI. España é unha gran nacion, chea de xente maravillosa, inda a pesar dos nacionalismos periféricos que pretenden enmerdala, pero o único que consiguen é enmerdarse eles. E imposible ser gallego sin ser español. O único que ten España de noxento é a aportacion nacionalista, ademais dos corruptos e pederastas.


    5

    Valdeorras Nazón

    Eu estou esperando que fale de Valdeorras, a miña terra, a miña patria asobaiada polo centralismo compostelán da UPG e do PP, a mesma m. é.

    3 respostas
    1

    Por nostrus: Tes toda a razon, pero o que os naciotas queren para eles, néganllo aos demais, porque no fondo son tan centralistas como o fascismo vello. Xa che dixen algun dia que te invito a un viño no bar Leira onde o Felipe.

    2

    Por Sentidiño: Valdeorras e Nostrus, deixádevos de imitacións! Vinde á Casa Eladio, que pago eu! Estamos aquí: Lugar: Ávila Todo vale en Casa Eladio. Crucifijos, gorras militares y de fuerzas de seguridad del estado, incluso una foto de Hitler con Eva Braun. Esto le ha valido el sobrenombre en redes sociales de "el mini Casa Pepe de Ávila". Se declaran "zona nacional" y advierten a los votantes de izquierda "rojos, abstenerse"

    3

    Por Valdeorras Nazón: Moitas gracias compañeiro, pero algúns, que non somos liberados da CIG nin enchufados do PP tivemos que emigrar e paso pouco tempo na nosa amada terra.


  • Páxinas
  • 1
  • 2
  • O presidente do Goberno en funcións, Pedro Sánchez /Moncloa

    Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.