O PP ve "claramente intencionados" os incendios deste sábado ao prender pola noite

Os 'populares' piden "colaboración" cidadá para esclarecelos.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 14/09/2019

O secretario xeral do PP de Galicia, Miguel Tellado, considera "claramente intencionados" os diversos incendios forestais que permanecen activos este sábado, maioritariamente nas provincias de Lugo e Ourense, polo que solicitou a "colaboración" cidadá para esclarecer a súa autoría.

O número dous dos populares galegos dixo ver "evidente" a "intencionalidade" detrás destes incendios debido ás horas nas que se inician, "entre o nove da noite de onte e o nove da mañá de hoxe".

"Seguimos demandando á cidadanía colaboración plena para esclarecer a autoría deses incendios que buscan facer dano aínda arriscando a vida das persoas", reclamou, para despois agradecer a "todos" os efectivos que participan na extinción das chamas.

Neste sentido, lembrou que a Xunta abriu este ano o teléfono gratuíto 085 para que "calquera persoa que teña calquera indicio" ou "calquera información" interesante sobre a autoría dos incendios poida dar conta dela ás forzas de seguridade do Estado.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511


Novas relacionadas


Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

8 comentarios
  • Páxinas
  • 1
  • 2
  • 6

    anonimo

    A miña insistencia inocente o que non está é cegada por prexuicios ideolóxicos, que impiden admitir que a maioría dos incendios en Galicia son provocados: aparecen de noite, con varios focos, e tempo de seca e vento: non é casualidade. Negar eso é, una consecuencia dos prexuicios ideolóxicos que deforman a realidade. Xa se sabe que as carballeiras arden menos, pero cando ven una ola de incendios, arrampla con todo. En Soria, por exemplo, con milleiros ( si, milleiros, non exaxero) de hectáreas de piñeiros ou non hai, ou hai moi poucos incendios,


    5

    anonimo

    Por suposto que o monte che de carballos arde. No incendio de Monforte ( o meirande deste vrao) non había eucaliptos, o mesmo que no Xurés. Tes coma una " obsesión" con que todos os incendios son dos malditos eucaliptos,e non é así: en tempo de seca arde todo.

    1 resposta
    1

    Por Cereixido: Todo arde, até o aceiro se derrete! Agora, comparar un monte de carballos (humidade) cun de eucaliptos (gasolina), xa se nota que coñeces o monte e sabes de medidas preventivas... Que casualidade que se intercalen franxas de frondosas entre especies piróficas! Será por darlle variedade cromática ao monte? E, por certo, o incendio de Monforte que tanto nos repites foi provocado: provocado por maquinaria agrícola que estaba traballando no lugar!!! Como te quedas ti e a prensa alarmista ao servizo do PP? Será que ti e a túa insistencia inocente non ten ideoloxía?


    4

    anonimo

    Mais uma, os eucaliptos, e em geral todas as arvores de folha perene (aquelas arvores ás que lhes caem as folhas todo o ano) são gasolina para os lumes. Não é possível apagar esses incêndios, sejam provocados ou não. É certo os pobres eucaliptos não ardem sozinhos, o clube do rifle nos EEUU diz o mesmo das armas de fogo..., se não limitamos as plantações de eucaliptos (o monte abandonado cheio de, castinheiros, carvalhos, vidueiros não arde) e arvores de folha perene estamos a perder o tempo ademais de pôr em sério perigo a vida das pessoas que vivam perto delas e das brigadas de extinção


    3

    anonimo

    Mais uma, quando aprenderemos? Os incêndios nos montes de eucaliptos, e em geral de todas as arvores de folha perene, não se podem apagar. Isso em Austrália, país originário, o tenhem claro, não o intentam, apagam-se solos e por suposto estão afastados de toda zona habitada. A pergunta é como aqui na Galiza permite-se que estem ao borde das estradas e perto das casas?


    2

    lóstrego

    Éche ben raro que non arda o monte Pío.


  • Páxinas
  • 1
  • 2
  • Incendio na Gudiña / @OVoluntariadoOU en Twitter.

    Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.