En Común repite cabezas de lista coa excepción de Ourense, na que o número un será David Bruzos

Yolanda Díaz e Antón Gómez-Reino volven ser os que máis posibilidades teñen de acadar unha acta.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/10/2019

A coalición En Común, integrada por Podemos Galicia e Esquerda Unida, repite cabezas de lista polas catro provincias galegas coa excepción de Ourense, onde entra o exdeputado por En Marea David Bruzos en substitución de Ledicia Piñeiro.

Así, a ferrolá Yolanda Díaz encabezará a lista por Pontevedra, mentres que Antón Gómez-Reino farao pola Coruña, circunscricións polas que En Común obtivo dous deputados nas xerais do pasado mes de abril.

Pola súa banda, Vanessa Somoza repite como número un por Lugo, mentres que en Ourense prodúcese o único cambio nos postos de saída da coalición, da que caeu Equo respecto de abril tras a decisión dos ecoloxistas de decantarse pola alianza con Más País, o proxecto liderado por Íñigo Errejón.

Así as cousas, as listas electorais de En Común sofren poucas varacións respecto dos comicios de abril. A exparlamentaria Ángela Rodríguez ocupa de novo o segundo lugar na lista por Pontevedra, circunscrición na que figura como número un á Cámara Alta a exsenadora por En Marea Vanesa Angustia.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

2 comentarios
2

Mareado

Gómez Reino va a acabar haciendo buena a Carmen Santos. Al tiempo.


1

RAMIRO DE YOLI

DEDAZO outra vez


Yolanda Díaz en Antón Gómez Reino / EP.

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.