O galego Raimundo Viejo será o número tres da lista de Más País en Barcelona

Afincado en Cataluña desde hai anos, abandonou o órgano de dirección de Podemos Galicia pouco despois de ser electo baixo a lista de Bescansa.

Por Europa Press / Redacción | Barcelona | 08/10/2019

Más País, o partido de Íñigo Errejón, decidiu presentar como cabeza de lista do Congreso en Barcelona, na lista chamada Més Barcelona, a Juan Antonio Geraldes, que encabeza unha candidatura na que figura como número tres o galego Raimundo Viejo.

Geraldes foi membro de Guanyem Sant Boi, unha coalición formada por Gent de Sant Boi, a CUP, Som Alternativa, Comuns Sant Boi e Moviment d'Esquerres, que nas eleccións municipais do 26 de maio se presentou sen obter representación.

Fíxoo contra a candidatura dos comuns en Sant Boi que concorreu baixo o nome Sant Boi en Comú-En Comú Guanyem e goberna no municipio cos socialistas.

Ademais, o exdeputado de ECP no Congreso e exconcelleiro en Barcelona Raimundo Viejo será o número tres da lista.

O politólogo vigués, asentado desde hai anos en Cataluña, logrou un posto no Consello Cidadán Autonómico de Podemos Galicia baixo a candidatura de Carolina Bescansa, derrotada nas primarias do partido morado celebradas hai un ano.

Con todo, segundo fontes de Podemos Galicia, Raimundo Viejo abandonou o órgano pouco despois de asumir o cargo.

Así, Errejón concorre en Barcelona presentando candidatura á marxe do partido de Ada Colau, que baixo as siglas ECP volverá liderar Jaume Asens.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

1 comentario
1

Gamela

Politólogo vigués? Pois boa falta nos faría telo aquí e non en Barcelona! ¿Por que Vigo en plena crise vendeu en subasta pública 40 pisos de propiedade municipal sen oposición algunha? Esta pregunta segue sen resposta dende hai 5 anos! En Vigo a "oposición" leva 5 anos vivindo detrás da pantalla (?) Admiramos a Ada Colau pola súa "Obra Social da PAH" que foi quen de ocupar bloques enteiros de vivendas propiedade da SAREB mentras en Galicia aplaudimos tódalas privatizacións do Patrimonio Público? Alguén debera dar explicacións algún día (Marea de Vigo - Podemos - Anova) pero todos calan ante o cacique local Abel Caballero (PSOE) ! Non vos parece todo esto moi RARO ? https://twitter.com/GamelaNova/stat...


Raimundo Viejo e Ada Colau.

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.