Feijóo insiste en pedir "unir" o voto de dereitas no PP para dar a España "estabilidade"

Insta os votantes socialistas a reflexionar se apoiaron ao PSOE para estar "nesta situación".

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 11/10/2019

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, apelou a "unir" nas eleccións xerais o voto de "centro dereita" para dar ao país "estabilidade". Mentres, instou aos votantes socialistas a reflexionar se apoiaron ao PSOE para estar "nesta situación", dixo sobre a repetición dos comicios.

Antes de asistir á xunta local do PP coruñés, aludiu á dispersión do voto nas pasadas eleccións. "Foron moitos votos que tentaban que Sánchez non gobernase, voto a Ciudadnaos, a Vox...". Por iso, instou nesta ocasión a "unir os votos" en torno ao PP "como partido de centro dereita, reformista, liberal, un partido ancho", apostilou.

Mentres, cuestionou que durante este período houbese un goberno ou un presidente. Así, de Pedro Sánchez asegurou que foi "un candidato permanente", mentres que rexeitou que houbese un goberno en Moncloa. "Foi un PSOE en campaña electoral", apostilou.

Feijóo pediu tamén o voto para o PP para ter "estabilidade" e afrontar o que, ao seu xuízo, pode ser "unha desaceleración económica ou unha crise económica", dixo ante os datos sobre a economía española.

APELA Á "ESPERANZA"

Por outra banda, preguntouse se hai "algún galego ou galega que lle deba algo ao PSOE", apostilou en alusión á situación de empresas como Alcoa, Ence ou a central térmica de Endesa, nas Pontes. "Abrir un pouco de esperanza é imprescindible", insistiu.

Preguntado se ve posible aglutinar o voto de centro dereita, manifestou que o seu optimismo vai "en ascenso". "O que estou a palpar é que a xente non aguanta máis unha situacion de inestabilidade e de frivolidade, as discusións entre Iglesias e Sánchez, Iglesias con Errejón, os independentistas ameazando ao resto de cidadáns, isto está a provocar fartura", recalcou.

A esa "fartura", sumou a "deterioración das institucións e da vida pública". Por iso, dixo que hai unha "oportunidade" o 10 de novembro para reverter esta situación. "Ten que ser o fracaso do PSOE, non dos españois", aseverou.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



O presidente da Xunta, e do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo. PP / Europa Press

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.