'Conta connosco', lema de campaña da coalición Podemos Galicia-Esquerda Unida

A coalición En Común apela a votar para que "non durman polas noites os que mandan" e Galicia estea "no centro" do debate.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 14/10/2019

A coalición En Común apela a votar nas eleccións xerais do próximo 10 de novembro para que "quen non durman polas noites sexan os que mandan e machucan as condicións de vida" dos "traballadores pobres", os "que teñen unha pensión de menos de 600 euros", as "mulleres invisibles" ou "os estudantes que non poden pagar a matrícula".

En Común-Unidas Podemos presentou este luns a súa candidatura para a cita coas urnas nun acto no que estiveron presentes os cabezas de lista ao Congreso polas catro provincias —Yolanda Díaz (Pontevedra), Antón Gómez-Reino (A Coruña), Vanesa Somoza (Lugo) e David Bruzos (Ourense)—. 'Conta connosco' é o lema electoral elixido pola expresión galega de Unidas Podemos.

Díaz tirou da frase coa que o presidente do goberno en funcións e candidato socialista, Pedro Sánchez, xustificou a súa oposición a que non entrasen no goberno membros de Unidas Podemos para reivindicar que "o país necesita un cambio profundo".

"Quen non teñen que durmir polas noites son os que mandan", incidiu a ferrolá, que fixou como un dos obxectivos principais da candidatura é conseguir a derrogación da reforma laboral. "Se non a derrogamos, a xente vai durmir na miseria", incidiu Díaz.

Tras reivindicar as "vimbias" dunha candidatura composta "por xente moi solvente", apelou a situar Galicia "no centro do debate político". "Pedro Sánchez leva 480 días (como presidente) en funcións e sen elas, e aínda non dixo a palabra Galicia", incidiu Díaz, que alerta de que, con esta repetición electoral, o PP e o PSOE "soñan" con "volver ao bipartidismo".

"Algúns en Moncloa e fóra dela soñan con volver a antes do 15M", engadiu antes de asegurar que "a xente non quere políticas do século XX, do branco e negro. A xente quere diálogo", incidiu Yolanda Díaz.

Pola súa banda, Antón Gómez-Reino resaltou que, a pesar da "irresponsabilidade" do PSOE, a nova cita coas urnas supón "unha oportunidade" para "consolidar o voto progresista" en Galicia e que o país "sexa clave no debate político". "Imos demostrar o que todo o mundo sabe, que pode contar connosco", apostilou o tamén líder de Podemos Galicia.

Para a cabeza de lista por Lugo, Vanesa Somoza, o proxecto de En Común encara con "moita forza" unhas eleccións que se producen nun "momento moi difícil". "Os problemas da clase traballadora son os nosos problemas", engadiu.

Por último, o número un por Ourense, David Bruzos, expresou o seu "orgullo" por formar parte dunha candidatura "comprometida" con levar ás institucións a necesidade de que se produza "un cambio" na forma de facer política.

RESTA IMPORTANCIA Á DIVISIÓN DE VOTO

Yolanda Díaz restou importancia á división de voto entre as formacións de esquerda, que suman unha nova opción política coa candidatura de Más País, que se presenta unicamente pola Coruña e Pontevedra coa cofundadora de Podemos Carolina Bescansa como referencia.

"A nosa forza está consolidada. A campaña do 28 de abril foi difícil porque viñamos dunha ruptura dunha forza que si estaba conslidada", manifestou Díaz, que expresou o seu "respecto" ás forzas que concorren en Galicia que, segundo lembrou, "son menos" que nas pasadas eleccións.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

3 comentarios
3

Gamela

o que queren é contar connosco (contar xente non contar coa xente!) https://twitter.com/GamelaNova/stat... eu xa teño dous BOTOX


2

Atlántico

O lema é "Conta con Nós". Por que o transformades?


1

Abraiado

Con dos bemoles. Primero nosotros. Quedaría mejor "Contamos convosco" así como haciendo que la gente de a pie, los de abajo, les importamos algo. Viven completamente ajenos a la sociedad y nos vienen a salvar, supongo. Por cierto, ¿al de la izquierda en qué primarias lo han cogido?


Cabezas de lista da candidatura En Común Unidas Podemos para as eleccións do 10 de novembro / Europa Press

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.