Recortes Cero denuncia que Galicia é a quinta autonomía con máis ricos de España

Presenta o seu programa electoral en Santiago defendendo a necesidade de redistribuír a riqueza.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/10/2019

Recortes Cero-Grupo Verde denunciou que Galicia é a quinta comunidade autónoma con máis ricos de España durante a presentación do seu programa en Santiago, na que defendeu a necesidade de redistribuír a riqueza.

Recortes Cero, que se presenta nas 52 circunscricións ao Congreso e ao Senado, presentou este xoves en Santiago o seu programa electoral que se centra na redistribución da riqueza e "unidade do pobo das nacionalidades e rexións de España".

Na presentación, a cabeza de lista pola Coruña, Sara Puga, avisou de que o aumento dos "anuncios de recesión económica" suporá "novos recortes". "Non imos volver a aceptar a receita de socializar as perdas e privatizar os beneficios", avisou.

Pola súa banda, a 'número un' por Pontevedra, Pastora Fernández, asegurou que, a pesar de que o termo redistribución se puxo "de moda" nos programas da esquerda, "eses programas nada teñen que ver coa redistribución da riqueza". "Quérennos vender como redistribuír o conseguir algunhas melloras sociais", censurou.

No acto tamén participou o 'número dous' pola Coruña, Carlos Balboa, quen asegurou que o 41% dos galegos cobra "menos de mil euros" ao mes mentres que "unha minoría ultraprivilexiada" que supón o 0,9%, "cobra máis de 10.000".

"Cun tope salarial de 10.000 euros ningún galego cobraría menos de 1.000", asegurou nunha intervención na que reclamou unha mesa de negociación colectiva que estenda a redistribución salarial ao conxunto do país.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



Candidatos de Recortes Cero en Galicia / Europa Press

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.