A Rede da Marea Atlántica decide non participar na campaña das eleccións xerais

A organización fai un chamamento a "recompor o espazo de confluencia" despois dos comicios.

Por E.P. | A CORUÑA | 18/10/2019

A Rede da Marea Atlántica decidiu non participar na campaña das eleccións xerais. No entanto, a organización fai un chamamento a "recompor o espazo de confluencia" despois dos comicios, "desde fórmulas de cooperación".

Insta a apoiar candidaturas "que defendan os dereitos sociais ante a involución democrática no Estado e o avance da ultradereita".

Sobre a súa decisión de non participar na campaña, explica que optou por manter unha postura de neutralidade "ante a división do espazo político que na Coruña está representado pola nosa organización municipalista".

Tras unha asemblea, e por maioría, acordou, por todo iso, "manter unha posición autónoma respecto das distintas forzas que concorren ás eleccións" co obxectivo de garantir "o respecto e a pluralidade interna".

Tamén se decidiu que as persoas de Marea Atlántica que desempeñan postos representativos, tanto institucionais como orgánicos, "non comprometerán o posicionamento político de Marea Atlántica".

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

3 comentarios
2

Gamela

Ben feito... así Toné pode facer un mítin con Carolina e xogar aos "chinos" o escano !!! Claro que Nestor Rego terá garantida a asistencia grazas á CIG e tamén Ana Pontón !!! E pp e psoe encantados!


1

Rosmona

A marea atlántica xa é o Mediterráneo (poe se alguén non o sabe alí non hai marea). Esa neutralidade favorece sempre ó españolismo, a súa equidistancia demostra que prefiren Madrid antes que ó apoio ó BNG. Madrillegos.

1 resposta
1

Por Bng lacaios de Santi Rey: Aburrides, blocallos.


Rede de Marea Atlántica / Europa Press

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.