Resultados 10N: PP e PSOE empatan en Galicia, o BNG volve ao Congreso e o bloque de esquerdas gaña en España

Desaparece Ciudadanos e Vox non acada escano por Galicia. En todo o Estado, o bloque de esquerdas supera o de dereitas e o independentismo catalán gaña un escano.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 10/11/2019

As eleccións xerais deixan un panorama aínda máis complicado, complexo e incerto para a gobernabilidade de España. Cuns PSOE e Podemos máis debilitados e un crecemento do PP e Vox (á conta do descalabro do PP), xunto cuha maior fragmentación do Congreso, con novos actores como Más País, a CUP, o BNG ou Teruel Existe, fan que destes comicios emerxan aínda máis incógnitas sobre o futuro Goberno. En Galicia, o PSOE non logrou repetir a vitoria das pasadas xerais, en abril deste ano, e cede de novo o liderado ao PP, aínda que en escanos empatan; un resultado que mantén aberta a porta ao cambio na Xunta, cando se celebren as eleccións autonómicas en 2020.

GALICIA

As eleccións celebradas este domingo deixan un escenario político en Galicia que apenas muda, agás pola reaparición do BNG nas Cortes. Por enriba, os dous grandes partidos, PP e PSOE, manteñen as espadas en alto nun empate técnico.

Tras a histórica vitoria dos socialistas nas últimas eleccións xerais en Galicia, o PP recupera algo de músculo perdido e volve superar en número de votos ao PSOE, volvendo ser o partido con maior apoio dos galegos. Con todo, ambos os dous partidos empatan en número de escanos, con dez cada un.

Por abaixo, o desastre de Ciudadanos a nivel estatal dáse en Galicia, perdendo os dous escanos que obtivera hai sete meses. A marca galega de Unidas Podemos consegue manterse cos mesmos deputados, dous, e o máis relevante é o regreso do BNG ao Congreso, cun escano —logo de catro anos fóra das Cortes—. 

A temida irrupción de Vox semella que non se dá xa que a formación de ultradereita non acada escano por Galicia. Con todo, a extrema dereita aumenta o seu peso en Galicia, con máis número de votos e porcentaxe, e sitúase como quinta forza política, por enriba de Ciudadanos, que pasa a ser un partido residual aquí, e tan só uns 5.000 votos por debaixo do BNG. 

ESPAÑA

No conxunto de España, Pedro Sánchez volve facer gañador o PSOE, aínda que sae moi debilitado, non só polo pequeno retroceso (pasa de 123 a 120 escanos), senón tamén porque o que chamou "socio preferente", Unidas Podemos, retrocede aínda máis (de 42 a 35 deputados).

Con todo, o bloque de esquerda estatal (sumando PSOE, Unidas Podemose e Más País) suman máis (158 escanos) que o de dereitas (PP, VOX e Ciudadanos xuntan 150 deputados).

O PP recupera apoio, pero queda lonxe das expectativas difundidas polos seus dirixentes, que agardaban superar os cen deputados, e quedaron con 88. Agora, os 'populares' teñen por detrás á ultradereita, que con Vox conseguiu 52 escanos, cando nos comicios de abril pasada lograra 24.

Parte do éxito de Vox débese á desfeita en Ciudadanos, que pasa de 57 a tan só 10 escanos, deixando moi en xaque o liderado de Albert Rivera.

O independentismo catalán cobra forza, pasando de 22 escanos en abril (suma de ERC e JxC) a 23, coa irrupción da CUP.

Destaca tamén a chegada de Más País, formación liderada por Íñigo Errejón e outros exPodemos, que logra tres escanos, un por parte de Compromís.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

7 comentarios
4

Bismutiño

La fuerza que más ha subido en España es Vox, que ya es tercer partido, cuando hace un año no tenía representación. Seguid así infelices, que la sorpresa de las próximas autonómicas va a ser descomunal. Y ahora, a desenterrar a José Antonio, que para la próxima sacamos mayoría absoluta.


3

anonimo

Para mugueimes: Delirio total. Non vexo por qué ao psoe lle interesa " potenciar" vox, e sobre todo, non vexo que fixera nada para potencialo. Hai analises simplemente delirantes, sen base en nada mais que nas ideas alucinadas propias, non na realidade. E a teima obsesiva de buscarlle tres pes ao gato, ou ocultos significados politicos a todo.


2

Mugueimes

Uma reflexão rápida. O PsoEspañol é o partido mais votado graças a Vox (sem Vox seria o PP), isso significa que o PsoEspañol e os seus médios estavam interessados em potenciar o fascismo, queimar terreno a cambio de conservar o poder por uns anos. Errejón e Bescansa são tapados do PsoEspañol. E o BNG está na quarta praça, uma posição muito marginal no país e um voto seguro para o PsoEspañol que tem escasso valor no atual Congresso. O País Basco e Catalunya são outra coisa...

2 respostas
1

Por Sentidiño: En Lugo e Ourense algunha xente tivo que votar Psoe tapando o nariz para frear os fascistas. Xente que votaría Bng ou Podemos en circunstancias diferentes (por exemplo : nunhas europeas sen circunscrición provincial). É o que hai.

2

Por Bendito Chiringuito: Disculpas baratas. En Poio Vox supera ao BNG, os resultados de Tomiño, das Neves ou do Rosal son ridículos. Os de Pontevedra cidade, de Moaña... decepcionantes. Non falemos de Vigo, outrora con alcalde nacionalista. E moito máis sabéndose que Podemos perdeu 70.000 votos galegos e que o BNG só aumentou 23.000 e outros 20.000 para Más País. Onde foron os 30.000 restantes? Ao PsoE non, que perdeu apoios! Estades tapando o que é un desastre, coma sempre. Ou dito doutro xeito, un pequeno paso para os intereses da UPG-BNG e, co fascismo na porta, un enorme retroceso para o País!


1

Gamela

Coidado que estes resultados NON son para botar foguetes ! Se miramos Vigo a xeito de laboratorio os resultados son ben preocupantes ! Se o BNG sacou escano pola Coruña ten un problema moi serio en Pontevedra (VOX) ! E coidado coa baixada rotunda en número de votos de Galicia En Común (Yolanda e Toné) ! https://resultados.10noviembre2019.... VEREMOS COMO BAILA O CAN... POLO PAN...?

1 resposta
1

Por Kambote: VOX e Cs non comen un rosco na Galiza. Os nosos "fachas" son do país. Dóelle o deputado do BNG porque na súa cacholiña españolista sente medo dista nación. Ánimo, ós poucos pero sen pausa o nacionalismo galego seguirá a medrar porque ser galego é español é metafisicamente imposible. Como din en Rodeiro: ou can ou cadela.


Eleccións / EP

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.