Ana Pontón: "Galicia vai estar representada e defendida como se merece"

O BNG marca como obxectivo "botar a Feijóo e ao PP da Xunta". Para Néstor Rego o que ocorreu é "cumprir o obxectivo marcado".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/11/2019

As bágoas e os abrazos de alegría han protaonizado a noite electoral do BNG este 10 de novembro, data na que catro anos despois consegue volver ao Congreso cun escano. O deputado electo pola circunscrición da Coruña, Néstor Rego, e a portavoz nacional da formación, Ana Pontón, coincidiron en marcarse o "obxectivo" de "botar a Feijóo e ao PP da Xunta" o próximo 2020.

Ao redor das 22,30 horas e co escrutinio por encima do 90%, compareceu o núcleo duro do Bloque para valorar uns resultados que, en palabras de Rego, supoñen "cumprir o obxectivo marcado": "Que o BNG volva estar no Congreso.

Pola súa banda, Ana Pontón prometeu que "Galicia vai estar representada e defendida como se merece" en Madrid e apelou a "porse a traballar para que este novo impulso" da formación "sexa a clave para que en 2020" na Comunidade "non goberne o Partido Popular" e que o nacionalismo galego "sexa decisivo".

Así, a líder frontista apelou a "porse a traballar para que este novo impulso" do Bloque "sexa a clave para que en 2020" en Galicia "non goberne o Partido Popular" e que o nacionalismo galego "sexa decisivo". "Hoxe é un día importante para Galicia, para todos os galegos, porque imos ter voz propia. Facemos que Galicia apareza politicamente no Estado", celebrou, para despois dirixirse aos 119.536 votantes e dicirlles que "poden ter a confianza" neles: "Non lles imos a fallar e imos estar á altura".

Ante un PSOE que se afasta da maioría absoluta no Congreso e que se verá forzado a dialogar para a investidura de Pedro Sánchez, Ana Pontón mostrou a "disposición de colaborar para que haxa un Goberno de progreso", pero advertiu que "a axenda dos galegos vai estar no centro" das súas políticas.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

13 comentarios
5

anonimo

Agradése un ton mais calmado. E sigo pensando que un estado galego independente sería una especie de asilo de anciáns, e, xa que logo, pouco viable. A xente xa da por feitas cousas que existen grazas ao estado: subsidio de paro, sanidade e educación gratis, tren de alta velocidade Coruña - Vigo, pensións contributivas e non contributivas: todo eso non existe en moitos paises ( por exemplo, USA ou Sudamérica, e xa non falemos doutros lugares) E todo ese estado de benestar non o podería asumir un estado galego independente, e xa non digamos defensa e relacións externas


4

anonimo

Puahh. insultos, neura histérica. Cando se acaban os argurmentos, xurden os insultos. O estado español sirve, entre outras cousas, para quer a xente cobre a pensión, cousa nada clara nun estado galego indepedente, ou que haxa educación e sanidade gratuitas. Irlanda seica independizouse de Inglaterra fai un século, i é un pais de xente nova. República Checa é un estado industrial. E a trécola insultante faime rir. E tampouco sie que son eses "Nos" e a quen vencerán.

1 resposta
1

Por Sentidiño: Só coincido contigo en que os insultos quitan a razón. Estaría ben falar de ideas e respectar persoas. En canto ao "Venceremos nós", nota cultureta: É o título da letra que Manuel María lle puxo, en 1968, ao seu cover do We Shall Overcome de Pete Seeghers. Cousas veredes!


3

anonimo

Para gallarda: De que haxa sectores moi puntuais que pensen que é incompatible ser galego e español non se sigue nen que o estado español sexa " inviable" ( xa leva moito tempo sendo viable), e, moito menos, que o realmente " viable" fosen uns mini - estados galego , vasco e catalán. E moitísimo menos un miniestado galego, que sería un estado de vellos pensionistas. Os sentimentos personais de sectores minoritarios, por moi agudos que sexan, non mudan a realidade maioritaria, allea a eses posicionamentos.

1 resposta
1

Por Aldeán: Chora anonimamente, chora, pobrinho/a... O estado norteafricano castellano / espanhol leva 15 bancarrotas ja (coa de M. Rajoy) e nom vale pra nada máis que pra roubar ás súas colonias (ou sexa, nós) descaradamente. Vai a Centroeuropa ver se esses "miniestados" son viábeis ou nom. Vai a Irlanda e mira se están melhor ou peor que antes da independencia... Eslovenia, Rep Checa... Expanholisto que lhe fas o caldo gordo ao fascismo. Fó-de-te. Venceremos Nós!


2

non o vexo¡¡

o que está claro si o "como se merece" significa ter un diputado nos madriles, mentres a cup saca dous sen despeinarse pois ..... máis do mesmo pais pequeniño somos¡¡¡


1

Gamela

Obxectivo cumprido (UPG) ? Que vai pintar Nestor Rego a Madrid? ERC (13) EHBildu (5) ???

6 respostas
1

Por Gallarda: Es patético. A túa monomanía antiBNG é o millor reflexo da alienación e colonización da Gakiza por un estado español que nunca, repito, nunca será viable porque as nacións sen estado de Galiza, Euskadi e Catalunya non somos nen seremos nunca, repito, nunca, españolas. Asúmeo e unha tila. Saúde e viva Galiza.

2

Por Poco Pico: Joder tío! sigo diciendo que lo tuyo es de psiquiatra. Lo siento....pero vas como los asnos, con orejeras y viendo solo lo que quieres ver....ese oscuro túnel donde sitúas a todos los que no son tus amiguitos del alma....habrás tenido una infancia infeliz? tu mamá no te quería? si quieres que tu País tenga más representación vota a los que lo defienden y déjate de monsergas monjeriles, al menos alguien pone los huevos...otros seguís "chorando"

3

Por Gamela: Que viva Galicia sempre! Pero nas mans da UPG non imos camiñar moi lonxe !!! Sabédelo tan ben coma mín.

4

Por Gol: Límpate esa xenreira e vive. Canta amargura, peniñadás

5

Por Gamela: Deixate de xenreiras e explica mellor as cousas (?) https://resultados.10noviembre2019.... ¿De onde saíron os 25.000 votos ao BNG? === Anova renuncia e pide o voto para BNG === CxG apaña algúns tapando o nariz (ERC + Bildu) === Logo ese escano da UPG é un escano "roubado" dende a cociña de Paco Rodríguez (?) Habería que ser ben retorcido pero sen dúbida é unha explicación como calquera outra (?) Agora Repúblicas non se presentará ás Autonómicas de 2020 supoño ???

6

Por Ghal: Gamela, sabes un poquiño menos do que pensas que sabes. Non te preocupes, casos como o teu hainos a esgalla. Saúde compi.


A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, e o deputado electo pola Coruña, Néstor Rego, celebran os resultados das eleccións xerais do 10 de novembro.. MAURO BASTÓN - EUROPA PRESS / Europa Press

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.