Feijóo xa mira para as autonómicas e cre que poderá reter a maioría absoluta

Reivindica que, tras o afundimento de Ciudadadanos, o PP recupera o "centro político"

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/11/2019

O líder do PPdeG e presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, felicitouse por que a súa formación "recupere o liderado político" que perdera abril --aínda que a porcentaxe de apoios supera pola mínima aos socialistas galegos, cos que empata en escanos-- e, en clave estatal, concluíu que, tras estes comicios, evidénciase que "o centro político en España é o PP".

A "dez meses" das eleccións autonómicas, como el mesmo resaltou, dando a entender que na súa cabeza non está un adianto electoral, Feijóo celebrou que o PPdeG recupere o papel de primeira forza e proclamou que, de feito, mantén "intacta" a "expectativa" de que a formación poida manter a "maioría absoluta".

O que non quixo aclarar Feijóo, arroupado na súa comparecencia por varios conselleiros e outros cargos da cúpula do PP galego, é se el encabezará a candidatura popular que pelexará na comunidade por manter esta maioría absoluta. O calendario, repetiu, está fixado e sitúase no horizonte do primeiro trimestre de 2020.

Iso si, tras reivindicar o papel do seu partido en Galicia e en Madrid como "centro político", advertiu dos votos a Vox e Cs que "quedaron sen escanos" en Galicia, e manifestou que continuará traballando por "unir o centro dereita".

E engadiu que este luns é "día de goberno", garantindo que en Galicia, fronte ao panorama de bloqueo estatal que "non despexan" os resultados deste domingo, culminarase "unha lexislatura tranquila e segura", con "orzamentos" e políticas de acción en áreas tan importantes como a educación, a sanidade e os servizos sociais.

CLAVE ESTATAL: MANTER UNHA "MENSAXE INTELIXENTE"

Xa en clave estatal, Feijóo reivindicou os resultados galegos como "os mellores das tres comunidades nas que gañou" o PP. E preguntado acerca de se o PP estatal debería fixarse máis no PP galego, remarcou que en España o partido tamén subiu" e ocupou "o centro político". Así as cousas, augurou maiores éxitos en futuros comicios se Casado mantén "a mensaxe intelixente dos últimos meses".

Preguntado acerca de como vería unha gran coalición en España, puxo o foco no socialista Pedro Sánchez, de quen asegurou que, en vista do seu discurso televisado posterior aos resultados, tras a "negativa e cerrazón a calquera acordo co PP", parece que "agora quere seguir liderando sen condicións, sen saber como, nin con que, nin con quen".

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



Feijóo comparece acompañado de varios cargos do seu partido / Europa Press

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.