Así foi a desfeita de Ciudadanos en Galicia, a segunda autonomía con menor porcentaxe de voto para os laranxas

Só no País Vasco recolleu menos porcentaxe de voto. Por provincias galegas, A Coruña é a que máis apoio deu a este partido.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 11/11/2019

Ciudadanos pasou de ser unha forza emerxente e en auxe en Galicia, a converterse nun partido residual, en tan só sete meses. Os de Albert Rivera —quen dimitiu este luns— perderon os dous escanos que conseguiran nas eleccións xerais de abril pasado, colleitando este domingo, 10 de novembro, un estrepitoso fracaso, sen ningún representante, pasando de ser a cuarta forza á sexta en Galicia.

A caída de Ciudadanos prodúcese en toda España, onde os laranxas pasaron de 57 a tan só dez escanos, perdendo máis de 2,5 millóns de votos no conxunto do Estado e nove puntos porcentuais. En Galicia, perderon preto de 120.000 votos e case sete puntos porcentuais.

Por provincias galegas, A Coruña é a que máis votos deu á formación laranxa, con máis de 28.000 papeletas, seguida por Pontevedra, con máis de 23.600; Ourense, con 6.200, e Lugo, con pouco máis de 5.700.

Se se observan as porcentaxes de voto acadadas por Ciudadanos en cada provincia, é dicir, o peso real do partido no escenario político, repítese a tendencia, con A Coruña mantendo a maior porcentaxe (4,62%), seguida case á par por Pontevedra (4,56%), ambas as dúas por enriba da porcentaxe de voto total que acadou o partido en Galicia (4,32%).

Pola contra, Lugo (3,68%) e Ourense (3,2%) mostran as taxas de apoio máis baixas a Ciudadanos.

É Lugo onde se rexistra a maior caída para Ciudadanos, con case sete puntos, seguida por Pontevedra con preto de seis puntos e medio, Ourense de 5,7 puntos e A Coruña con case cinco puntos e medio.

Son, por tanto, as provincias atlánticas onde Ciudadanos conserva maior apoio en Galicia.

ESPAÑA

Entre as comunidades autónomas, Galicia ocupa o sétimo lugar por número de votos a Ciudadanos, sendo Andalucía onde recolleu máis apoios, con máis de 344.000 papeletas, e La Rioja, onde menos, con algo máis de 11.500.

Porén, se se observa o peso real do voto á formación laranxa en cada comunidade, vese que o territorio galego é a segunda autonomía onde menos ten (4,32%), só por enriba do País Vasco (1,1%).

A porcentaxe de votos en Galicia é case 2,5 puntos inferior á media estatal. No primeiro posto sitúase Madrid, co 9% dos votos emitidos alí para Ciudadanos, seguida de Aragón (8,5%) e Andalucía (8%).

Con todo, e por orde, onde máis caeron os de Albert Rivera foi en Murcia, con máis de doce puntos de perda, arredor de doce en Madrd e Aragón, e máis de once puntos en Castela e León.

Navarra non se inclúe nestas estadísticas, xa que alí Ciudadanos se presentou dentro da coalición Navarra Suma, na que tamén participan Unión del Pueblo Navarro e o PP.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

3 comentarios
3

Antifachas

Ciudadanos, uma marca mais do supremacismo e do chauvinismo espanhóis está ultrapassado por VOX: estes odeiam mais e melhor, daí que triunfem na estrumeira mental deste estado infecto, prometendo fazê-lo ainda mais violento e totalitário contra os povos como o galego, o catalám ou o basco.


2

Gamela

Report cannot be viewed at this time or -----@gmail.com does not have access !!! Que é o que andades a argallar ???


1

nostrus

C´s nació en un ambiente democrático de alta contaminacion, alta corrupcion y alta crispacion y significó en aquel entonces una randija de aire fresco que con el tiempo se hizo mas grande y mas esperanzadora. Rivera se convirtió pronto en su conductor y lo hizo asombrosamente bien, pero por su arrogancia acabó estrellándose cuando le quedaba poco para la meta. Pero por lo menos tuvo la decencia de asumir sus errores y dimitir. A ver si otros siguen su ejemplo. Todavia hay esperanza de que alguien se haga con las riendas y enderece la situacion.


Albert Rivera, líder de Ciudadanos, na manifestación unionista en Barcelona trala declaración de independencia de Cataluña proclamada no Parlament o 27 de outubro de 2017 / Miguel Núñez

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.