Feijóo cree que aínda hai tempo para unha "gran coalición" entre PP e PSOE e "parar aos independentistas"

Evita falar sobre posibles vetos do seu partido a Pedro Sánchez se, finalmente, prospera esa gran coalición.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/11/2019

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, insistiu na súa proposta dunha gran coalición para gobernar España e fixo un chamamento ao PSOE para "parar" un preacordo con Podemos no que, ademais, "terían a chave os indepedentistas". Se "alguén pode paralo dentro do PSOE", deu por feito que o PP de Pablo Casado falaría cos socialistas.

Ao termo da reunión semanal do seu Executivo, Feijóo remitiuse ao escenario tras o comité de dirección do seu partido o pasado martes, cando transcendeu o preacordo de PSOE e Podemos. En todo caso, indicou que, o PSOE ao anunciar este paso "sen establecer nin un minuto de contacto, negociación ou ao diálogo" cos populares, había que interpretar que é "un pacto referendado" que se pechará en breve. "Supoño que ao PP tocaríalle facer oposición", dixo resignado.

Con todo, Feijóo destacou que Pablo Casado nunca se negou en banda a falar cos socialistas --remitiuse ás declaracións da noite electoral onde o seu xefe de filas, remarcou, non fixo constar "ningún veto"--. "Se alguén dentro do PSOE pode parar o preacordo, as cousas cambiarían", suliñou en clara alusións aos varons deste partido como Ibarra, Javier Fernández ou ao ex presidente Felipe González.

"Se alguén pode parar dentro do PSOE un erro histórico dos socialistas, no peor momento de España desde o punto de vista territorial e ante unha enorme incerteza económica, se alguén o pode parar, eu asegúrolle que o PP ten as portas abertas para falar", sentenciou o mandatario galego.

CIRCUNSTANCIAS QUE "NUNCA" SE DERON

En rolda de prensa, remitiuse ao sucedido tras a reunión do comité de dirección do seu partido e remarcou que o seu posicionamento é coñecido posto que se pronunciou primeiro "en privado" e despois ante os medios. "Non hai ningunha dúbida de que a lista máis votada é o PSOE e correspóndelle xestionar ou tentar xestionar o Goberno de España", esgrimiu.

Por iso, recalcou que, ante o preacordo de goberno anunciado "sen ter nin o encargo do Rei", parécelle "moi procedente" manter a proposta de que socialistas e populares falen. De feito, remarcou que é o que faría o seu partido se fose o máis votado e incidiu en que expor este diálogo co PSOE foi o que fixo o PP, con Mariano Rajoy á fronte, en 2015 e 2016.

Ademais, o tamén líder do PPdeG alertou de que "nunca" ata agora se produciran determinadas circunstancias, en referencia a que un partido que "ata fai ben pouco era o Partido Comunista" --"Podemos e as súas variedades"-- poida ter a un membro no Executivo como "vicepresidente".

"E adicionalmente, se isto é preocupante, o que é peor é que a chave deste goberno entre o Partido Socialista e o Partido Comunista a teñan os partidos independentistas. Isto nunca se produciu en 40 anos", siñou.

COALICIÓN "ATÍPICA, ESTRAÑA E LETAL"

Finalmente, cargou con dureza contra un PSOE que "xa non é socialista obreiro español". "Mantén a P e a S, é o Partido de Pedro Sánchez, non o de Felipe González, Rubalcaba, Ibarra ou Javier Fernández", advertiu, apelando unha vez máis a "parar" desde dentro do PSOE unha coalición "atípica, estraña e letal para a España constitucional".

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



O presidente galego, Alberto Núñez Feijóo, preside a reunión do Consello da Xunta. XUNTA / Europa Press

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.