O BNG mantén tras as eleccións o mesmo respaldo conseguido o 10N

O barómetro do CIS mantén o mapa electoral dos comicios pasados, aínda que amplía nun punto a vantaxe do PSOE.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/01/2020

O BNG conta cunha estimación de voto do 0,5% no Barómetro de CIS de decembro, de forma que mantén a mesma porcentaxe de apoios cultivado nas eleccións xerais do 10 de novembro, nas que obtivo 119.597 votos e un escano no Congreso.

O Barómetro de decembro do Centro de Investigacións Sociolóxicas, o primeiro con estimación de voto desde as eleccións xerais do pasado 10 de novembro, mantén o mapa electoral dos comicios do 10 de novembro, aínda que amplía nun punto a vantaxe do PSOE, que sobe tres décimas, mentres que o PP e Ciudadanos experimentan leves retrocesos.

Así, o CIS de José Félix Tezanos outorga ao PSOE unha estimación de voto do 28,3%, tres décimas máis que o seu resultado do 10N, cunha vantaxe de 8,3 puntos respecto do PP, ao que se lle calcula un apoio do 20%, oito décimas máis que nas eleccións.

Pola súa banda, Vox mantense como terceira forza política de España cunha estimación de voto do 15,2%, similar ao que cultivou nas xerais, e Unidas Podemos aglutina un respaldo do 12,8%, o mesmo que o 10N. Ciudadanos, en cambio, experimenta un retroceso pasando do 6,8% das eleccións a un 5,6% na enquisa.

Por bloques, o CIS dá a vitoria á esquerda (PSOE, Unidas Podemos e Máis País) cun respaldo da 43,4% fronte ao 40,8% que suman o PP, Vox e Ciudadanos.
 

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

11 comentarios
3

O BNG en subida

Non creo que se manteña con tampouco, despois de demostrar q é o unico partido que se interesa polos galegos ten toda a pinta de que subiría bastante. pero do CIS pouco se pode esperar

3 respostas
1

Por Frecha : É o unico partido que se interesa polos galegos... que militan no BNG. Ao resto dos galegos non nos inflúe en nada o que fagan. Consigue o BNG que suba o salario mínimo interprofesional? Consigue o BNG que suban as pensións? Vai derogar o BNG a reforma laboral? O único que fai o BNG é facerlle a Feijóo o traballo que el non fai.

2

Por Sentidiño: Frecha, o que dis non é coherente: a suba do SMI e das pensións, e a reforma laboral, ían incluídos no acordo psoe-podemos ao que o bng votou si. Autopista, electrointensivas, galeguización da administración estatal, etc., son os pluses que o bng obtivo polo seu voto.

3

Por Cereixido: Sentidiña, o BNG até agora o único que obtivo foi un compromiso ou promesa (sabendo quen promete e que anteriores NON se cumpriron). De feitos, nada! Non vendas fume, ben ti nen Podemos, o PsoEspañol é sistema corrupto!


2

nostrus

El bloque guarda grandes similitudes con Vox, llenádosele la boca de Galicia a uno y de España al otro. La única diferencia es que el bloque es aún peor.

5 respostas
1

Por Sentidiño: O osíxeno garda grandes similitudes co gas mostaza: ambos son gases. Antonio Machado garda grandes similitudes con Franco: enchíaselles a boca aos dous falando de España. O cerebro humano garda grandes similitudes cunha noz: a proba é vostede.

2

Por nostrus: Insisto, el bloque es como Vox, con la unica diferencia de que es peor. Ambos son uniformistas, intolerantes, supremacistas y excluyentes, se fanatizan los dos en un territorio, uno en una nacion de verdad y el otro en una nacion de fantasia; esa es su principal diferencia. El nacionalismo español es malo y el nacionalismo gallego peor. El bloque excluye a lo que en sus alucinaciones le parece extraño y a la vez tambien desprecia parte de lo que es propio

3

Por Fran Correa: Nostrus, ti que sabes e non es sospeitoso de parcialidade, define "nación de verdad" e "nación de fantasía". Sen empregar criterios "uniformistas, intolerantes, supremacistas y excluyentes". Agardamos que nos mostres o camiño certo. De nada!

4

Por nostrus: Fran Correa, pois nacion de verdade é unha nacion xuridica e o resto son paisadas que só son efectivas para quen cre nelas, como o "reino de Deus", "a nacion de Asterix e Obelix", unha "nacion cultural", "nacion sentimental", ctr, pero España é unha nacion xuridica, e si tes algunha dubida consulta na ONU, na OTAN, na CE, no exercito, na historia e ata na xeografia. Que conste que pola miña parte podedes crer na nacion galega, na Santidima Trinidade, que as tuberias son macizas, ou que o Celta vai gañar a liga este ano.

5

Por Fran Correa: Disculpa a miña ignorancia, quen está na CE é a "nación española" ou o Estado español? Quen sae da CE é o Estado do Reino Unido ou son as nacións recoñecidas cos nomes de Inglaterra, Escocia e País de Gales? O Vaticano é un estado ou unha nación? Na historia desde cando hai nacións? E na xeografía? Non será que confundes demarcacións políticas, identitarias, naturais e culturais? Hai algo máis "uniformista, intolerante, supremacista y excluyente" que clasificar entre nacións "de verdad" (a da túa relixión) e "fantasía" ou "paiasadas" (a que senten e na que cren os outros)? De haber un problema, non será que ti es parte activa do problema e nunca da solución? De novo, de nada!


1

Bendito Chiringuito

Que satisfacción! Eterno cuarto ou quinto posto, na marxinalidade, competindo cos ultras fascistas e co postureo (que os supera por pouco, e non baixa pola popularidade que ahora vai ter a ministra trepadora). En fin, se estamos satisfeitos coa lideresa e co comité central, NUNCA sairemos da marxinalidade como povo (outra cousa é a conta privada da lideresa, e da récua dos mantidos asesores, iso vai ben, e mentres non haxa crítica das bases nada mudará). Moitas veces os cómplices necesarios son os que din ser os nosos!


Barómetro do CIS de decembro de 2019. EPDATA / Europa Press

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.