O PNV xa lle marca o camiño a Feijóo: quere eleccións en xullo e cunha campaña dunha semana

Urkullu podería dar a coñecer a data dos comicios en breve.

Por Europa Press / Redacción | BILBAO | 15/05/2020

A presidenta do BBB do PNV, Itxaso Atutxa, afirmou este venres que celebrar as eleccións autonómicas no mes de xullo é "unha boa opción" porque, "se sucedese algo" na evolución da pandemia, "quedaría a outra opción de outono", e considerou que realizar unha campaña electoral dunha soa semana "non sería mala idea".

Nunha entrevista concedida a Bizkaia Irratia, recollida por Europa Press, Atutxa sinalou que, en todo caso, cando o lehendakari, Iñigo Urkullu, oficialice finalmente a convocatoria electoral, "cumpriranse todos os criterios sanitarios e democráticos". Con todo, este anuncio adianta o que xa vai pasar en Euskadi que, probablemente, marque tamén a axenda a campaña galega.

A dirixente jeltzale asegurou que descoñece cando será a cita electoral, aínda que lembrou que, segundo os expertos, dentro de dous meses, no mes de xullo, a situación xerada polo covid-19 "debería mellorar". "Sexa un día ou outro, creo que é unha boa opción facelas en xullo, porque, se sucedese algo coa enfermidade e a pandemia que vivimos, quedaríanos a opción doutra data no outono", reiterou.

Así mesmo, asegurou que, "vendo o que nos vén, que parece que vai ser duro, tanto no ámbito económico como no social, é necesario primeiro cumprir a lei e, en segundo lugar, ter un Parlamento forte, para catro anos, do que salga un Goberno forte, o que sexa, o que decidan os cidadáns, pero que sexa forte, para facer uns orzamentos e xestionar o que nos vén".

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



Itxaso Atutxa. EUROPA PRESS - Arquivo / Europa Press

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.