Orquestras confinadas: piden salvar as festas populares galegas

O sector uniuse nun programa especial, co gallo do Día das Letras, para pedir solucións ante a incerteza polas restricións impostas pola crise sanitaria.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 18/05/2020

Con gallo do Día dás Letras  Galegas, o 17 de Maio, orquestras e artistas coñecidos do circuíto das verbenas de Galicia uníronse nun programa especial para defender o sector da festa popular galega

O obxectivo principal deste encontro virtual "pedirlle ás autoridades institucionais e sanitarias competentes que se pronuncien o antes posible" sobre este sector: "Se imos poder facer as actuacións das festas de Galicia e de toda España deste próximo verán, en que condicións, etc.”, explicaron os seus promotores, que advirten de que está "en risco serio de desaparecer" o que consideran "un sector dos máis importantes da cultura gallega, as súas festas populares”.

O programa, que levou por título 'Un canto a Galicia xuntos', foi conducido por Lito Garrido e Fátima Pego en directo en Youtube e nel participaron diversas orquestras e artistas, como Panorama, París de Noia, El Combo Dominicano, Cinema, Os Satélites... 

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

12 comentarios
  • Páxinas
  • 1
  • 2
  • 9

    Nugallán

    Tranquilos, xa logo virá cos sobres o narcopresidente ca súa única obsesión: Xacobeo, Xacobeo, Xacobeo...


    8

    Xestal

    Lástima? Ningunha. Semella que se non es seareiro da Panorama xa non podes ser galego. Pois non. É tan "cultura" coma as noxentas touradas ou as gastroenchentas de charanga e misa... Somos moitos os que non consumimos ese costoso circo pero temos que pagar impostos pra sostelo. E a ver se hai sorte e tamén desaparece o cine español, un sector hipersubvencionado cos nosos impostos e que agás un par de títulos ó ano produce vergoña pola súa nula calidade artística e polo seu marcado sesgo ideolóxico (progre). Os que tanto aman a alienante pachanga "gallega" que a paguen dos seus petos. Sempre lles quedará a telegaita, monotematicamente españoleira (RTVg).


    7

    Astur Freire

    Nin tanto nin tan calvo. Que as festas galegas cada día son menos galegas é un feito. Moitas delas poderían pasar por andaluzas simplesmente cambiándolles o topónimo da localidade. Que é necesario un tecido cultural musical de nós? Tamén. O que non merco é o discurso paternalista dunha industria monopolizada por 2 empresaurios do sector e que chucha subvencións vía concelleiros afíns e unha Xunta enimiga da Galiza. A nova realidade podería rematar con istes abusos e pór a cultura galega á fronte dun público que valoraría máis o noso simplesmente ofrecéndollo. Un modelo Xacobeo non é sostible nin recomendable.


    6

    Suso do Suído

    Se o cironavirus remata co reguetón e a copla española benvido sexa. Xa podía levar tamén ós que botan indiscriminadamente foguetes ás 3 da madrugada despertando sobresaltado a todo Dios na aldea e facendo ouvear ós cans todo o día...

    1 resposta
    1

    Por Choscar: E si o “cironavirus” te levará a ti ou te deixará sin traballo e sin casa e sin nada , ao millor a tua opinión sobre as orquestas e demas seguramente que cambiaba , eu penso que é un traballo mas que existe que viven moitas moitas famílias,o que vexo que ti suso do suido deberías de mirar o que dis ,porque eu non vivo das orquestas nin dos foguetes como dis ti que debes de pasar 365 días do ano sin durmir por culpa dos foguetes que botan as 3 da maña,.


    5

    Mónica Casais

    "Non hai pra todo", dixeron os ramistas á proposta de contratar un grupo de música folk e uns gaiteiros para as patronais. O que non dixeron é a cifra que lle custou á parroquia contratar unha megaorquestra que tocou 2 horas e deixou sen cartos prá cultura o resto do ano... Ónde quedou aquela plataforma pra galeguizar as nosas festas? É cultura galega o reguetón, trap, etc que non fan outra cousa que cousificar o corpo das mulleres e perpetuar esterotipos sexistas e machistas ó tempo que arruinan ou rematan ca nosa lingua... Menos samba e máis traballar!


  • Páxinas
  • 1
  • 2
  • Lito Garrido e Fatima Pego, no programa especial "Un canto a Galicia xuntos".

    Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.