Ciudadanos Galicia pide a Gómez-Reino que "non teña medo" a debater co resto de forzas

A portavoz de Cidadáns en Galicia, Beatriz Pino, destacou a importancia de que os galegos teñan acceso á maior información posible dos partidos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/05/2020

A portavoz de Cidadáns en Galicia, Beatriz Pino, defendeu este martes a pluralidade dos debates políticos e asegurou que cuantos máis haxa "mellor será para os galegos".

Así o manifestou nun comunicado remitido aos medios, no que responde as declaracións nas que o portavoz de Galicia en Común - Anova Mareas, Antón Gómez Reino, sinalou que a participación nestes debería cinguirse a organizacións políticas con "representación" en Galicia.

Respecto diso, a responsable da formación liberal destacou a importancia de que os galegos teñan acceso á maior información posible dos partidos e lembrou, ademais, que as decisións da xunta electoral están para ser cumpridas.

"Canta máis información teñan os galegos para decidir o seu voto, mellor será para todos", sostivo Beatriz Pino, que subliña que a súa formación "sempre vai defender o pluralismo político" e que todos poidan participar neses debates.

Piñeiro pediu ao candidato de Galicia en Común - Anova Mareas, Antón Gómez- Reino, que "non teña medo" a debater co resto de forzas. "Non hai que ter medo ao que pensa diferente, nin a que os galegos poidan escoitar ás diferentes forzas políticas", manifestou.

A líder de Cs Galicia lembroulle que hai 4 anos cando o seu partido ía na coalición de En Marea participaran nos debates sen ter tampouco representación no Parlamento de Galicia.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



Coronavirus.- Cidadáns reprocha que "a volta voluntaria" ás aulas en Galicia "non conta cun protocolo claro". CIDADÁNS / Europa Press

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.