Abel Caballero ameaza con levar aos tribunais a Xunta se non paga a Vigo 1,7 millóns por gasto social durante a pandemia

Esixe que se pague "de inmediato, antes das eleccións" autonómicas de xullo.

Por Europa Press / Redacción | Vigo | 26/05/2020

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este martes que o goberno municipal reclama á Xunta de Galicia 1,7 millóns de euros de gastos en axudas sociais asumidos pola administración local, e advertiu de que, se o goberno galego non paga, acudirá aos tribunais.

Así o confirmou o rexedor olívico nunha rolda de prensa telemática na que explicou que o Concello de Vigo outorgou axudas sociais, durante o estado de alarma decretado pola pandemia de coronavirus, por valor de 1,7 millóns, e que a Xunta de Galicia, a pesar de recibir " do Goberno" fondos para estas continxencias, "a Vigo non chegou nin un céntimo".

Por iso, o departamento de Benestar Social dirixirá unha carta ao goberno autonómico para reclamar ese diñeiro, e esixirá que se pague "de inmediato, antes das eleccións" autonómicas de xullo. "Se non pagan, levareinos aos tribunais", advertiu Abel Caballero.

O alcalde subliñou que outras comunidades autonómas fixeron efectivas transferencias aos municipios para facer fronte a eses gastos sociais, pero "a Xunta a Vigo deulle cero euros". "É un escándalo, a Xunta marxinando á cidade", incidiu.

Así mesmo, Abel Caballero asegurou que o goberno galego debe a Vigo "inxentes cantidades" de diñeiro polas bolsas de comedor que outorga o Concello e que, segundo o rexedor, son competencia da administración autonómica.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



O alcalde de Vigo, Abel Caballero / Europa Press.

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.