Espazo Común repetirá coalición con Recortes Cero e Os Verdes

Prevén presentar candidaturas polas catro provincias galegas para as próximas eleccións ao Parlamento de Galicia.

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 26/05/2020

Espazo Común, a formación impulsada polo que fora secretario xeral do PSdeG Manuel 'Pachi' Vázquez, repetirá coalición con Recortes Cero e Os Verdes de cara ás próximas eleccións autonómicas do 12 de xullo.

Segundo explicaron fontes da coalición a Europa Press, prevén presentar candidaturas polas catro provincias galegas para as próximas eleccións ao Parlamento de Galicia.

Ademais, nun comunicado remitido aos medios, a coalición lembra que tres días antes do estado de alarma reclamou a suspensión dos comicios e esixiu que todas as decisións que se tomasen tivesen como criterio fundamental "a saúde e a vida das persoas" e "ningún outro criterio".

Ao mesmo tempo, a coalición que encabezan Pastora Fernández e Francisco Fraga lembra que pediu que a suspensión electoral non abrise un "período amplo no que un pequeno número de forzas monopolizasen a atención coa súa presenza nos medios públicos e privados".

Así mesmo, rexeita que non se convocase a consultas a todas as forzas presentes na campaña para abordar a nova data das eleccións e asegura que non concibe unha campaña sen un trato igualitario e democrático, que atenda ás condicións de urxencia sanitaria nas que se celebran.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

3 comentarios
2

Muiña

Outra vaca no millo... :-D

1 resposta
1

Por Partido Pandereta Esfurricada: ahhahahah Pero esta vaca nin leite, nin moscas.... máis coñecido como... "Ni fú, ni fá" (recordame a cando Gaspar Llamazares e Baltasar Garzón se presentaron as europeas PARA NADA, e iso que estes dous teñen tirón e recoñecemento publico). Mira filliños, facede o que queirades......pero se queredes perder o tempo.....eu recoméndovos cousas máis productivas para vos.


1

Desfeita

Aviso: Recortes Cero é a marca electoral de Unidad Comunista de España, partido que moitos califican como secta. Os Verdes non é un partido, senón a marca electoral dun señor chamado Esteban Cabal, que sempre a aluga ao mellor postor.


Pachi Vázquez presenta o seu proxecto Espazo Común. ESPAZO COMÚN

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.