Denuncian que a Xunta pretende limitar as vacacións do persoal que estivo loitando contra o coronavirus

Sindicatos presentes na Xunta din que Política Social mantén e mantivo "unha actitude impositiva e autoritaria arrasando cos dereitos laborais”.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 27/05/2020

A consellería de Política Social enviou un documento de instruccións co que pretende limitar o dereito a coller as vacacions recollido no V Convenio Único do Persoal Laboral da Xunta de Galicia. E a denuncia que fan varios sindicatos que din que a Xunta “pretende condicionar as vacacions anuais ao persoal que traballa nos centros de menores, de atención a discapacidade e de maiores”.

Estes centros residenciais foron duramente afectados pola crise sanitaria do coronavirus pola súa especial vulnerabilidade tanto polas persoas usuarias a que prestan servizo como pola cantidade de persoal e usuarias que conviven nestes espazos. “Nos centros de menores, centros de atención a discapacidade ou centros de maiores dependentes da Xunta de Galiza o persoal fixo/fai un grande esforzo para manter o servizo e parar a afeccion da pandemia mentras a Xunta mantén/mantivo unha actitude impositiva e autoritaria arrasando cos dereitos laborais”, critica este sindicato nun comuniado.

Neste sentido, denuncia que a consellería modificou unilateralmente as suas condicións de traballo “coa imposición de quendas longuisimas (de ata 38h…consecutivas)” e obrigou incluso a traslados forzosos a centros de titularidade privada xustificandoo  necesidade de aportar solución na emerxencia social e sanitaria.

“As organizacións sindicais que suscribimos este comunicado defendemos que o servizo publico é garante de calidade e que o esforzo do persoal empregado público é un valor fundamental na loita contra o virus, pero non podemos admitir que 2 meses despois se sigan a vulnerar gravemente os dereitos do persoal”, indican nun comunicado.
 
Por iso, reclaman unha “aposta decidida por uns servizos sociais públicos, dignos e de calidade”, o incremento de prazas públicas e de xestión directa, a posta en valor e o recoñecemento  expreso do traballo e o esforzo realizado durante a pandemia e recuperar a compensación por festivos e domingos traballados, así como a redución da xornada máxima anual.

Tamén piden a transformación de tódolos contratos de fin de semana ou inferiores, a xornada completa e a compensación do exceso horario e o esforzo do persoal que traballou durante o estado de alarma con 10 días adicionais de vacacións durante o 2020.
 

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



Fabiola García e Alberto Núñez Feijóo / Xunta.gal

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.