O epidemiólogo Juan Gestal subliña a importancia de gardar as distancias na cita electoral

Remarca que para reforzar a seguridade é clave evitar as aglomeracións nos colexios electorais.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/05/2020

O profesor emérito de Medicina Preventiva e Saúde Pública Juan Jesús Gestal Otero ve suficientes as medidas que avanza o protocolo deseñado pola Xunta para as próximas eleccións do 12 de xullo --e que recibirá este venres luz verde do Consello da Xunta--, e considera que, se se cumpren, ir votar ao colexio electoral "non levará ningún risco".

Consultado por Europa Press, incidiu en que, baixo o seu punto de vista, "o máis importante para protexerse é que todos garden a distancia de seguridade", e que, para protexer os demais, "todos leven máscara" --o protocolo determina que será obrigatorio levala para ir votar, aínda que haberá que apartar a máscara no momento de identificarse--.

Preguntado acerca de se o medo ao contaxio, ante a proximidade da época máis dura da crise sanitaria da COVID-19, podería influír nos cidadáns e facer que aumente a abstención, considera que, aínda que hoxe aínda se pode palpar ese medo "en moitas persoas", probablemente a proporción de cidadáns que o sinten "diminuiría" para o 12 de xullo.

De todos os xeitos, indicou que, para quen persistan os medos, se queren votar, terán a opción de facelo por correo "sen ningún tipo de exposición". "Pero sabendo tamén que ir votar ao colexio electoral, cumprindo con todas as medidas dispostas, non levará ningún risco", apostilou.

EVITAR AS AGLOMERACIÓNS

Gestal destacou que lle parece que o protocolo presentado na pasada xornada polo vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, lle parece completo e insiste en que a medida "máis importante" para evitar contaxiarse é "manter en todo momento a distancia de seguridade".

De todos os xeitos, indicou que "os cidadáns deben saber que para que se produza a transmisión do coronavirus non basta con cruzarse con outra persoa, senón que se necesita proximidade física cara a cara durante un certo tempo, hai quen fala de 15 minutos, condicións que nun proceso de votacións fluído non deben darse".

Por iso, apela a que, "para unha maior seguridade", deben evitarse as aglomeracións nos colexios electorais.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



Votación nun colexio electoral.

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.