O PPdeG é a forza máis votada en 298 concellos, o PSdeG en 9 e o BNG en 6

Os de Feijóo reciben máis do 80% dos votos en Avión, Beariz e Quintela de Leirado (Ourense).

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 13/07/2020

O Partido Popular capitaneado por Alberto Núñez Feijóo é a forza máis votada en 298 concellos galegos, posición que só perde en 15 localidades, xa que o PSdeG imponse en nove municipios e o BNG en seis.

En concreto, mentres o proxecto liderado por Alberto Núñez Feijóo é o máis apoiado na práctica totalidade dos concellos, os socialistas de Gonzalo Caballero son primeira forza na Illa e Fornelos de Montes, ambos os dous na provincia de Pontevedra; en Carballeda de Avia, Entrimo, Calvos de Randín e Parada de Sil, en Ourense; e Pedrafita do Cebreiro, Nogueira de Muñiz e Ribeira de Piquín, na de Lugo.

Neste nove municipios, os populares son a segunda lista en apoios recibidos, mentres que o Bloque Nacionalista Galego sitúase como terceira forza.

Pola súa banda, o BNG é a papeleta pola que máis cidadáns optan en seis municipios: Corcubión, na provincia da Coruña; O Grove e Soutomaior, na de Pontevedra; así como en Verea, Allariz e A Mezquita, na de Ourense.

En todos estes, o PP tamén é a segunda candidatura que máis apoios recibe, de forma que o PSOE queda no terceiro posto.

PORCENTAXE MÁIS AMPLA DE APOIO

O PPdeG volve concentrar as súas maiores porcentaxes de apoio, chegando a superar o 80% dos votos, en varios municipios de Ourense, como é o caso de Avión, Beariz e Quintela de Leirado.

En concreto, en Beariz, os de Alberto Núñez Feijóo fanse cun 86,6% dos votos, mentres que o resto de forzas quedan nun 5,5% (BNG) e un 4,9% (PSdeG). Pola súa banda, en Avión, o PP obtén un 85,8%, mentres que o PSOE só chega ao 5,5% e o Bloque ao 3,6%.

Por último, en Quintela de Leirado, o PP chega a cultivar un 84,8% dos sufraxios emitidos, mentres que o PSOE obtén un 9,8% e o BNG un 3,7%.

ESPAZO COMÚN - RECORTES CERO, SEGUNDA FORZA EN PIÑOR

En Piñor, municipio ourensán da comarca do Carballiño, a coalición Espazo Común-Recortes Cero-Os Verdes-Municipalistas foi a segunda forza máis votada co 21,23% dos votos totais nun concello no que o PP se achegou á barreira dos 60%.

Esta candidatura estaba encabezada na provincia de Ourense por Francisco Fraga, alcalde de Piñor entre 2007 e 2015 polo Partido Socialista, formación que abandonou para, en 2019, unirse a Espazo Común, o proxecto creado polo exsecretario xeral socialista Pachi Vázquez.

CANGAS

En Cangas (Pontevedra), o PP foi a lista máis votada por unha marxe de 13 votos respecto da seguinte forza, o BNG. Neste municipio da comarca do Marrazo o rupturismo obtivera fai catro anos uno dos seus mellores resultados, cando se produciu un empate técnico entre PP e En Marea cos primeiros por diante por apenas 30 votos.

Nesta ocasión, a candidatura herdeira daquel espazo, Galicia En Común, quedou relegada ao cuarto lugar e o seu lugar como segunda forza ocupouna o BNG, que quedou a 13 papeletas dos populares, lista máis votada con 4.354 polos 4.341 dos nacionalistas.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



Mesa electoral no 12-X / © Miguel Núñez

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.