Unha deputada do PSOE e dous do BNG presidirán a constitución do Parlamento, renovado ao 48%

O hemiciclo constituirase con 36 caras novas.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 13/07/2020

A número dous pola provincia de Pontevedra do PSOE, Isaura Abelairas, será a presidenta accidental na sesión constitutiva do Parlamento de Galicia, que terá lugar o próximo 7 de agosto, cun hemiciclo con tres formacións políticas e que se renovou, con respecto ao que saíu das urnas en 2016, nun 48 por cento.

O regulamento do Parlamento di que se constituirá provisionalmente cunha mesa de idade, na que estarán o parlamentario de máis anos, asistido polos dous máis novos que obtivesen un asento no Hórreo. Neste caso, participarán na constitución da Cámara Isaura Abelairas, que tamén é concelleira en Vigo, xunto a dous deputados do BNG: Daniel Castro (número dous por Lugo, nado en 1996) e Paulo Ríos 'Kai', secretario xeral de Galiza Nova (número 6 por Pontevedra, nado en 1993).

Antes da sesión constitutiva, xornada no que se elixen os membros da Mesa da Cámara --presidente, vicepresidentes e secretarios--, hai que superar unha serie de trámites e formalismos, como computar o voto emigrante, pendente de se decanta ou non o último deputado que se disputaron na noite electoral o PP e o PSOE, e respectar outros períodos de recursos.

36 CARAS NOVAS

En total, haberá 36 caras novas no Parlamento de Galicia cando se constitúa, aínda que é previsible que, coa constitución do goberno e o nomeamento dos altos cargos, as listas dos populares volvan renovarse no Hórreo de forma significativa.

Polo momento, os rostros 'novos' con respecto ao Parlamento que se inaugurou en 2016 correspóndense con 14 do PPdeG; 13 do BNG e 9 do PSdeG,

A toma de posesión do presidente terá que realizarse nun prazo máximo de 30 días desde a constitución do Parlamento, segundo recolle o regulamento, aínda que é previsible que non se esgote o tempo que habería ata o 7 de setembro. En 2016, cando se celebraron eleccións o 25 de setembro, a constitución do hemiciclo fíxose o 21 de outubro e Feijóo tomou posesión o 10 de novembro.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



Sesión de control ao Goberno da Xunta no Parlamento de Galicia / Europa Press

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.