O PP destaca o "apoio total" recibido na provincia de Lugo e o BNG celebra ser a "alternativa real e clara"

Os de Feijóo obtiveron 9 deputados, un máis que nas eleccións de 2016; o BNG logrou 3 e o PSdeG, 2.

Por E.P. | Lugo | 13/07/2020

A cabeza de lista do PP pola provincia de Lugo, Elena Candia, destacou o "apoio total" ao Partido Popular na provincia de Lugo, na que o os de Feijóo obtiveron nove deputados, un máis que nas eleccións de 2016.

Deste xeito, o PP continúa como a forza política máis votada nunha provincia na que o BNG consegue tres deputados, dous máis que hai catro anos. Pola súa banda, o PSdeG cede un deputado e queda con dous.

Respecto diso, Elena Candia, quixo dar un "enorme agradecemento" a todos os lucenses, porque, segundo indicou, "demóstrase un apoio total ao Partido Popular". Ademais, mostrou a súa satisfacción polo "inmenso caudal de confianza", que se comprometeu a recompensar "con traballo".

Deste xeito, conforme apuntou, a provincia de Lugo convértese nun bastión para os populares grazas "ao maior apoio electoral" conseguido. Así mesmo, tamén celebrou a "alta participación" que, ao seu xuízo, fai que "o resultado sexa máis merecedor de ser posto en valor".

O PP gaña en 64 dos 67 concellos da provincia. Así, só en Ribeira de Piquín, Negueira de Muñiz e Pedrafita do Cebreiro, os socialistas conseguiron maior número de votos.

AGRADECEMENTO DO BNG

Pola súa banda, a 'número un' do BNG por Lugo, Olalla Rodil, tamén mostrou o seu agradecemento a todas as persoas que "depositaron a súa confianza no Bloque Nacionalista Galego" e puxo en valor "a gran responsabilidade" que afronta polos resultados obtidos por ser "históricos na provincia".

"Traballaremos desde hoxe" para seguir "defendendo os intereses e dereitos" de todas as comarcas de Lugo no Parlamento de Galicia, manifestou Rodil, que recoñeceu que o ascenso do BNG "ten un sabor agridoce" porque querían "derrotar o PP". Con todo, non "esconde" que o seu partido é unha "alternativa real e clara" ao goberno de Núñez Feijoo.

Pola súa banda, mentres que Galicia en Común non obtivo ningún deputado na Cámara galega, os socialistas ceden un con respecto a hai catro anos polo que o número dous da candidatura do PSdeG, Luís Álvarez, recoñece que os resultados foron "insatisfactorios".

Con todo, Álvarez afirmou que desde o seu partido "seguirán impulsado medidas e propostas" que contribúan a "mellorar a calidade de vida" de todos os lucenses coa "aptitude dun partido de goberno".

Por último, a cabeza de lista pola provincia de Galicia en Común, Miguel Anxo Fernán-Vello, rexeitou facer ningún tipo de declaración sobre o trompazo da súa formación na xornada do domingo.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



Elena Candia

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.