A Xunta aconsella á Generalitat de Catalunya en medidas sanitarias para as eleccións

Representantes do Goberno catalán xa estiveran en Galicia o 12 de xullo para observar o proceso.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 30/07/2020

A directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Blanca García-Señorans, e o coordinador de prevención das eleccións, Emilio da Igrexa, participaron este xoves nunha reunión por videoconferencia con responsables da Generalitat de Cataluña para trasladarlles os detalles de organización electoral e as medidas sanitarias que se aplicaron o pasado 12 de xullo.

No encontro, no que participou o director xeral de Participación Cidadá e procesos electorais de Cataluña, Ismael Peña, abordáronse as distintas xestións que se realizaron de cara á xornada electoral do 12 de xullo, así como a intendencia necesaria para pór en marcha todas as medidas de prevención sanitaria, segundo informou a Xunta nun comunicado.

Deste xeito, entre outros asuntos, os responsables galegos explicaron as xestións de carácter institucional que levaron a cabo para dar conta das medidas sanitarias, como as reunións cos partidos políticos, Delegación do Goberno, Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) ou oficinas do censo electoral.

Tamén detallaron as actuacións relacionadas propiamente coa xestión da xornada, como as medidas de prevención da COVID-19. Neste sentido, a Xunta lembrou que formou e habilitou un equipo de persoas que inspeccionaron os locais electorais ata en dúas ocasións antes da xornada electoral; e que dispuxo persoal en todos os locais durante a propia xornada para que axudase a que se respectasen todas as medidas sanitarias, como o uso de máscara, a distancia de seguridade e hixiene de mans.

A Xunta puxo, ademais, a disposición de todos os locais electorais todo o material de protección sanitario, así como a cartelaría na que se explicaban todas as recomendacións sanitarias.

Xa durante a fin de semana das eleccións, responsables da Generalitat de Cataluña desprazáronse a Galicia para coñecer de primeira man o desenvolvemento da xornada. Entre outras cousas, visitaron o centro de datos e varios locais electorais, nos que puideron comprobar todas as medidas sanitarias que se implantaron.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



Unha muller acode a votar nas eleccións autonómicas de Galicia na poboación de Burela, na comarca da Mariña / Carlos Castro - Europa Press

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.