A Xunta pide ao Goberno central maior control nas fronteiras para detectar casos de Covid-19 importados

Confía en que non sexa necesario un segundo confinamento e aposta por "medidas cirúrxicas concretas" sen aplicalas a toda a poboación.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 09/08/2020

O xerente do Servizo Galego de Saúde (Sergas), Antonio Fernández-Campa, indicou que, entre as peticións que Galicia trasladou ao Goberno central para facer fronte á pandemia de COVID-19 están a de "repensar" o sistema de controis fronteirizos para detectar casos importados.

Nunha entrevista na Cadena SER, Fernández-Campa dixo que este aspecto se expuxo nas reunións semanais co Ministerio de Sanidade. A "maior preocupación" do Goberno galego e no que considera que "hai que incidir máis" é no control das persoas que chegan a España procedentes doutros países.

En Galicia, arredor do 65 por cento dos casos son importados, lembrou, e concretou que se inclúen os positivos de persoas que saen e logo regresan e os de persoas que residen habitualmente noutros lugares e trasládanse a Galicia.

Algúns dos casos detectados son de persoas que chegaron en viaxes internacionais "a aeroportos españois" e "en ningún deses casos" deuse aviso á Xunta de se había síntomas ou poderían ser sospeitosos de estar contaxiados. "Entendemos que é difícil o control de fronteiras, pero temos que repensalo", pediu.

Neste sentido, valorou o resultado do rexistro de viaxeiros implantado pola Xunta e agradeceu o comportamento dos cidadáns respecto diso. Ademais, xustificou que Madrid non se incluíu de inicio porque naquel momento os datos non alcanzaban o nivel fixado, pero a lista modificouse nun período inferior a 15 días "entre outras cousas", polo aumento nos indicadores desa comunidade.

Fernández-Campa apostou tamén pola coordinación entre as comunidades autónomas en canto á normativa sancionadora por incumprimentos relacionados coas medidas de prevención.

PREOCUPADOS POLA MAIOR INCIDENCIA

Preguntado acerca de se Galicia encara unha segunda onda da enfermidade, o xerente do Sergas replicou que este é un momento no que é necesario "estar preocupados polo incremento da incidencia" e facer un "seguimento continuo". Tamén manifestou que espera que non haxa que facer un segundo confinamento.

As autoridades sanitarias galegas, dixo, son "partidarias" de "medidas cirúrxicas concretas", en lugar de "medidas xerais para toda a poboación". Cada vez "coñécese mellor o comportamento do virus e as medidas máis eficaces", engadiu.

A CORUÑA

Admitiu a preocupación pola área sanitaria da Coruña, onde se están aplicando desde este sábado certas limitacións e que acumula máis da metade dos casos activos de Galicia. Para ilustrar, o responsable do Sergas indicou que a incidencia acumulada a 14 días en Galicia é de 13,67 por cada 100.000 habitantes, mentres que na Coruña é de 33 e no conxunto de España, de 75,29.

O martes corresponderá avaliar as medidas aplicadas á área sanitaria, pero Fernández-Campa lembrou que os resultados "non son inmediatos".

Defendeu o número de probas PCR que se realizan en Galicia e argumentou que o indicador "fundamental" é a cantidade que teñen resultado positivo, que nos últimos dous meses roldan o 3 por cento, o que "marca" que se están facendo as necesarias. Os territorios con máis incidencia, "loxicamente", fan máis, apuntou.

Sobre o dispositivo de seguimento telefónico de persoas que pasan a enfermidade no seu domicilio ou están en corentena por ser contactos estreitos, indicou que é un operativo coordinado polo 061.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



Escultura aos peregrinos no Cebreiro, Lugo / CARLOS CASTRO - EUROPA PRESS.

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.