A Confederación de ANPAS Galegas pide un "plan B" á Xunta ante o "novo escenario" de avance da pandemia

Din que as familias están "absolutamente preocupadas" pola "posibilidade de que os centros escolares se convertan nunha trampa" para os menores e os seus parentes.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 09/08/2020

A Confederación de ANPAS Galegas pediu este domingo á Consellería de Educación un "plan B" para o próximo curso, ante o "novo escenario" derivado do incremento dos contaxios, posto que as familias están "absolutamente preocupadas" pola "posibilidade de que os centros escolares se convertan nunha trampa" para os menores e os seus parentes.

O problema, indica, está en que, coas circunstancias do 23 de xullo, cando se presentou o protocolo para o próximo curso, este era "un engano" porque as instrucións eran "inaplicables e inseguras", pero na situación actual, "coa OMS afirmando que reabrir as escolas naqueles países nos que a transmisión aínda sexa alta só vai empeorar a situación", deixa ás familias preocupadas.

Por iso, a confederación pregúntase "onde está o plan B da Consellería", "onde está previsto que facer neste novo escenario" e "que se fixo ata agora, desde o 16 de marzo pasado, para asegurar que o sistema poida funcionar sen presencialidade dunha forma homoxénea".

A confederación indica que "ninguén pode prever o que vai ocorrer", pero pídelle á conselleira en funcións, Carmen Pomar, que traballe "nos diferentes escenarios que xa se van entrevendo".

"As familias e a infancia e mocidade galegas non nos merecemos a incerteza e o medo que estamos a pasar nin estamos dispostas a arriscar a saúde das nosas fillas e fillos", advertiu e destacou que falta pouco máis dun mes para o arranque do curso.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



Patio dun colexio pechado / Jesús Hellín - Europa Press.

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.