Cinco auxiliares da Policía Local de Ares, en corentena tras estar un deles en contacto cun positivo de Covid-19

Sanidade púxose en contacto este martes co axente para realizarlle unha proba PCR que horas antes descartou.

Por Europa Press / Redacción | Ferrol | 11/08/2020

Cinco auxiliares da Policía Local do municipio de Ares (A Coruña) atópanse en corentena tras estar un deles en contacto cun positivo en Ferrol. Por parte da Consellería de Sanidade puxéronse en contacto este luns co axente para comunicarlle o sucedido, ao mesmo tempo que lle avisaron de que non era necesario que se sometese a unha proba PCR e que o único que debería de facer era estar en corentena ata o 21 de agosto.

Foi entón cando o efectivo policial comunicou o acontecido aos seus compañeiros, tras estar de servizo durante a fin de semana, e esta situación motivou que os outros catro pasasen tamén a estar en corentena.

O alcalde de Ares, Julio Iglesias (PSOE), asegurou que finalmente na mañá deste martes, 11 de agosto, por parte do Sergas puxéronse en contacto co axente que mantivo o contacto co positivo e se lle trasladou que agora si lle realizarán unha proba PCR.

Esta situación xerou unha baixada significativa no número de axentes dispoñibles en Ares, que ademais nesta época do ano triplica ou cuadriplica o número de habitantes con respecto a outras épocas do ano, ao ser un dos municipios máis turístico das Rías Altas.

O rexedor facíase eco nas últimas horas, a través da súa conta persoal de Facebook, da situación que se está dando neste municipio. "Poño no voso coñecemento que, como a Policía Local de Ares non é ningunha excepción nas devanditas tarefas, varios dos nosos axentes estarán en illamento ata o próximo día 21 de agosto, polo seu ben e polo ben de todos. Esperemos que todo quede nunha falsa alarma. Pero ante unha situación tan grave como a que estamos a volver a vivir, toda precaución volve ser pouca. Por favor, coidarvos. Só así tamén coidades de todos os demais", indicou.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



Mostra para facer un test de coronavirus / © Miguel Núñez.

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.