O Sergas sanciona o xinecólogo de Verín que encabezou as protestas en defensa do paritorio

Serán dous días de suspensión. Javier Castrillo presentará alegacións ao ver a proposta "inxusta" e "unha vinganza", mentres que a Xunta evita valorar o que cualifica de "proceso administrativo".

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 25/02/2021

O xinecólogo do Hospital de Verín Javier Castrillo, unha das caras máis visibles durante o conflito do paritorio, foi notificado cunha proposta de sanción de dous días de suspensión de funcións.

Castrillo recibiu a notificación o luns e ten 10 días para presentar alegacións, algo que asegura que fará porque ve "inxusto" tanto que se lle castigue con dous días como con dous anos, período ao que podería chegar a proposta da Xunta.

Pola súa banda, fontes da Consellería de Sanidade evitan valorar o que cualifican de "proceso administrativo".

"Non fixen nada para que se me cualifique cunha falta grave", denuncia pola súa banda o médico, quen considera que se a Administración galega segue adiante co expediente, que se lle notificou en novembro, é porque "non quere recoñecer que foi unha vinganza".

Neste escenario, agradece que as mostras de apoio que está a recibir dos seus compañeiros son "todas", e iso "animicamente" sérvelle. En calquera caso, e aínda que dous días non lle supón "nada", subliña que alegará porque segue "pensado que é inxusto" e que se se lle abriu expediente foi para que "non siga protestando".

OS FEITO

Os feitos ocorreron a finais de 2019, xusto antes de que se fixese efectivo o polémico peche do paritorio comarcal, posteriormente reaberto pola Xunta.

En concreto, a actuación pola que se lle incoou o expediente remóntase ao 30 de novembro dese ano, xornada na que naceu o que, en principio, estaba chamado a ser o último neno que nacería no centro sanitario comarcal.

Castrillo sostivo ao coñecer a apertura do expediente que o neno naceu "sen complicacións nin ningún problema" e que as matronas ratificaron que así era, pero a pediatra de garda recomendou que "se derivase o neno a Ourense", topándose coa oposición do xefe de xinecoloxía, por non ver razón para iso.

Finalmente, o bebé acabou sendo trasladado, pero o Sergas notificou o expediente ao xinecólogo, segundo a súa versión, por contravenir a decisión doutra profesional, neste caso a pediatra, o que considera unha falta "grave".

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

2 comentarios
2

Logovi

Unha vergoña! Porén os sanitarios negacionistas non teñen ninguna sanción e seguen a transmitir desinformación aos seus pacientes.


1

paletolandia

Esta é a democracia que nos damos entre todos cada catro anos....Agora todo é virus pero dos recortes en sanidade xa non queda nada... salvo as consecuencias que si as pregonas por ahí pasa o que pasa.... o sea democracia plena....


Javier Castrillo, con parte do equipo de xinecoloxía / Xosé Lois Colmenero - Diario do Támega.

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.