A matriculación de coches en Galicia afúndese en xullo cunha caída do 39%

O descenso prodúcese a pesar da redución do imposto de matriculación ata finais de ano.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/08/2021

A matriculación de turismos e todoterreos caeu en Galicia en xullo ata o 39,06%, segundo datos das asociacións de fabricantes (Anfac), concesionarios (Faconauto) e vendedores (Ganvam), que se fixeron públicos este luns. Así, fronte aos 4.058 turismos que se estrearon na Comunidade hai un ano, este xullo só se rexistraron 2.473 novos.

Pese ao acusado baixón en matriculacións na Comunidade, Galicia non foi o territorio coa baixada máis forte, xa que lle superan en termos porcentuais a Comunidade Valenciana (-44,98 %), Navarra (-43,87 %), Castela e León (-42,44 %) e País Vasco (-40,44 %).

No conxunto do Estado, as matriculacións de turismos e todoterreos en España situáronse en 83.900 unidades durante o pasado mes de xullo, o que supón unha diminución do 28,8% en comparación co mesmo período do ano anterior, mentres que respecto de 2019, último ano antes da pandemia, a caída foi do 28%.

As entregas de automóbiles nos sete primeiros meses do ano alcanzaron un volume de 540.732 unidades, un 18,1% de crecemento respecto de 2020 e do 33,2% na comparativa preCovid.

Anfac, Ganvam e Faconauto explicaron que este descenso das vendas en xullo produciuse a pesar da redución do imposto de matriculación ata finais de ano. Ademais, destacaron que xullo de 2020 foi un mes "especialmente bo", por ser o primeiro de apertura total tras o confinamento polo Covid-19 e que se beneficiou da "demanda embalsada".

A directora de Comunicación de Anfac, Noemi Navas, apuntou que a modificación do imposto de matriculación permitiu "mellorar" as cifras de vendas respecto de meses anteriores, aínda que indicou que aínda segue habendo dificultades.

SITUACIÓN "COMPROMETIDA"

Pola súa banda, o director de Comunicación de Faconauto, Raúl Morais, asegurou que a situación "empeza a ser comprometida", posto que a canle de particulares "volve caer con forza". Ademais, afirmou que a falta de stock de chips tamén está a impactar ás matriculacións.

"O 'impasse' desde que o 30 de xuño se ratificase definitivamente no Congreso a redución temporal do imposto de matriculación e a súa entrada en vigor --máis de dez días despois-- pasou factura ao mes de xullo", sinalou Tania Puche, directora de Comunicación de Ganvam.
 

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



Imaxe de recurso dunha estrada, autoestrada.. @TRANSIT / Europa Press

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.