Piden investigar unha suposta "denegación de auxilio" de Irlanda a un pesqueiro galego cun caso de Covid

A CIG reclama que tanto a Xunta como o Goberno central abran unha investigación e adopten "medias drásticas" por denegación de auxilio.

Por Europa Press / Redacción | VIGO | 02/08/2021

O sindicato CIG pediu á Xunta e ao Goberno de España que investiguen un suposto caso de "denegación de auxilio" por parte das autoridades irlandesas ao pesqueiro de capital galego 'Manuel Laura', que foi "expulsado" de augas dese país cun caso de Covid positivo a bordo e "outro probable".

Segundo sinalou a CIG, este pesqueiro, que ten bandeira británica e tripulación maioritariamente da zona do Morrazo, atópase de regreso a Vigo tras esa "expulsión", e denunciou que Irlanda denegou o auxilio ao barco e incumpriu o Regulamento Sanitario Internacional.

O responsable de Mar da FGAMT, Xavier Aboi, explicou que a tripulación do 'Manuel Laura' foi vacinada uns días antes de iniciar a súa travesía e que, estando xa en altamar, en augas de Gran Sol, un dos tripulantes "comezou a sentir molestias". A tripulación contactou co Centro Radio Médico de Madrid e, cando chegaron ao porto irlandés de Castletownbere, "tiveron que vivir unha auténtica odisea".

Segundo Aboi, estes mariñeiros sufriron "presións, ameazas veladas e suxestións" por parte das autoridades irlandesas, que lles aseguraron "que non había ambulancias dispoñibles nin taxis para casos de Covid". "Negáronse a prestarlles asistencia médica e o único que conseguiron foi que unha enfermeira subise a bordo a facer unha PCR, coa que se confirmou o positivo", sinalou.

A CIG denunciou que, finalmente, o barco "foi obrigado a abandonar o porto e iniciou o seu regreso a Galicia", todo iso a pesar de que o Regulamento Sanitario Internacional prohibe que un barco afectado por unha situación deste tipo poida abandonar porto, "todo o contrario do que fixo Irlanda".

Respecto diso, Aboi lembrou o caso doutros pesqueiros galegos que se dirixían a faenar a Malvinas e que tiveron que atracar en portos de Brasil ou de Uruguai tras detectarse casos ou sospeitas de Covid. Neses países, as autoridades non deixaron saír as embarcacións mentres non se recuperaron os enfermos, ou foron trasladados a hospitais.

INVESTIGACIÓN

Ante esta situación, a CIG reclamou que, unha vez que o 'Manuel Laura' chegue ao porto de Vigo, tanto a Xunta como o Goberno central "abran unha investigación e adopten medidas drásticas contra un país da UE como Irlanda" por "denegación de auxilio".

Así, a central nacionalista recalcou que "non se pode permitir que se xogue coa vida dos tripulantes galegos", e esixiu que se explique "por que Irlanda se negou a atender aos tripulantes" do barco, así como as medidas que se van a adoptar ante esta "chantaxe".

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



ARQUIVO. Moher Cliffs, no oeste de Irlanda / endondesea.com

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.