Cinco falecementos elevan a 2.479 as vítimas mortais ligadas á pandemia en Galicia

Tres destas mortes producíronse este luns, mentres que este martes faleceron dúas mulleres.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/08/2021

As autoridades galegas informaron doutros cinco falecementos rexistrados entre este luns e este martes que elevan a 2.479 as vítimas mortais ligadas á pandemia na Comunidade. 

En concreto, Sanidade informa de tres mortes máis rexistradas este luns 2 de persoas diagnosticadas con covid-19: unha muller de 84 anos no Hospital Quirón da Coruña, unha muller de 81 no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS) e un home de 84 no Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol (CHUF). Este martes 3, infórmase da morte de dúas mulleres --unha de 74 anos no Hospital Universitario Lucus Augusti e outra de 86 no centro vigués de Povisa--. 

Todas presentaban patoloxías previas.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



Arquivo - Cama de hospital. EUROPA PRESS - Arquivo

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.