Atopan a que pode ser a mina romana subterránea máis grande de Galicia

As limpezas dos últimos meses feitas pola Comunidade de Montes de san Miguel de Tabagón e Pías, no Rosal, foron deixando ao descuberto novos achados que poden cambiar a idea que ata o de agora se tiña da minería romana nesta zona.

Por Galicia Confidencial | O Rosal | 03/08/2021

A minaría galaico-romana da zona de Tabagón-O Rosal é ben coñecida dende hai décadas. Porén, as limpezas dos últimos meses feitas pola Comunidade de Montes de san Miguel de Tabagón e Pías nos seus montes foron deixando ao descuberto novos achados que poden cambiar a idea que ata o de agora se tiña dese sito arqueolóxico.
 
As limpezas feitas descubriron varios pozos semi-esquecidos, ocultos ou atuidos que os comuneiros foron marcando, e a principios de verán descubriron varios dos principais foxos mineiros da Borna Grande como había anos que non se miraban, o que permitiu facer unha exploración do seu interior mediante xeofísica de resistividade e ampliar o coñecemento sobre esta mina, confirmando labouras subterráneas que alcanzan, canto menos, os 25-30 metros baixo a superficie.
 
Deste xeito, xeológos e investigadores como Óscar Pazos apunan que a de Tabagón podería ser a  mina subterránea máis grande coñecida en Galicia, onde o clima máis chuvioso e o mato dificultan a conservación e a exploración de covas mineriras.
 
 
Imaxe tomográfica de Borna Grande, onde se pode apreciar a minería subterránea romana / Óscar Pazos
 
A mina da Borna Grande en Tabagón sitúase nas mesmas capas xeolóxicas que a gran mina galaico-romana de Valongo, preto de Porto, que hoxe é a meirande mina subterránea de oro coñecida do Imperio romano, con pozos que acadan os 80 metros de fondura. En Tabagón, foxos e galerías discurren en dirección N-S, seguindo a esquistosidade, e atópanse na zona de contacto entre os chamados esquistos de Monteferro e a Formación Valongo, en referencia precisamente á localidade portuguesa onde está capa definida pola súa riquza en fósiles de trilobites e graptolites, desfeitos en Tabagón polo máis intenso metamorfismo.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



Borna Grande, onde se localizan numerosas entradas romanas de actividade mineira / Óscar Pazos

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.