Avanza a vacinación dos mozos menores de 29 anos en Galicia, tras recibir unha dose outros 28.500

Case un 80% da poboación diana para recibir a pauta conta con polo menos unha dose na Comunidade galega

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/08/2021

O proceso de vacinación contra a Covid-19 continúa en Galicia e avanza entre os mozos menores de 29 anos, tras recibir unha dose máis de 28.500 persoas na xornada anterior. Así, máis do 71,5% dos galegos susceptibles de ter a pauta xa finalizaron o proceso e un 80% da poboación diana conta con polo menos unha picada.

Segundo os datos actualizados na mañá deste mércores pola Consellería de Sanidade tras a finalización da xornada de vacinación deste martes, recollidos por Europa Press, administráronse 3.557.726 dose das 3.672.785 recibidas ata a data, 31.784 postas máis.

Ata a data 1.756.317 persoas contan coa pauta completa, tras finalizar o proceso 3.535 cidadáns máis en Galicia, o que supón un 71,55 por cento dos chamados a recibir a vacina en Galicia. Deles dedúcese que a xornada de vacinación deste martes centrouse en vacinar en especial a mozos de 25 a 29 anos, con 23.373 máis, e de 15 a 19 anos, con 5.286 máis.

GRUPOS DE IDADE

Ata a data recibiron polo menos unha dose 1.632.130 persoas maiores de 40 anos en Galicia, que supoñen un 94,88% das 1.720.101 susceptibles de vacinarse na Comunidade galega a partir desa idade --segundo os datos globais do Ministerio de Sanidade--.

Así mesmo, foron vacinadas 138.083 persoas de 35 a 39 anos (+175) e 105.682 de 30 a 34 anos (+127), o que supón 243.765 cidadáns de entre 30 e 39 anos, un 75,46% duns 323.300 deste grupo susceptibles de recibir a pauta nesa franxa de idade.

Tamén recibiron polo menos unha dose 62.089 mozos de 25 a 29 anos (+23.373); 10.284 de 20 a 24 anos (+223); 12.721 de 15 a 19 anos (+5.286) e 205 de 10 a 14 anos (+4).

Por tanto, en total 1.961.194 persoas recibiron polo menos unha dose da vacina contra a Covid-19 en Galicia, que representan un 79,9% da poboación diana susceptible de vacinarse e un 65,04% dos habitantes da Comunidade galega.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



0265e3c461eaf68dá47f77d1409f39fa.jpg. Rosa Veiga - Europa Press / Europa Press

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.