Sindicatos e profesionais piden "máis enfermeiras" e menos burocracia para os médicos para mellorar a Atención Primaria

Avisan de que a "sobredemanda de patoloxía aguda non poderá recaer" en persoal non médico e que "a capacidade de traballo é moita, pero está ao límite".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/08/2021

Sindicatos e profesionais sanitarios demandan "máis enfermeiras" e acabar co "exceso de burocracia" para os médicos nos centros de saúde co fin de mellorar a situación da Atención Primaria.

En declaracións a Europa Press con motivo da reunión este mércores pola tarde do Consello Técnico de Atención Primaria --no que, ademais da Administración sanitaria están representados sindicatos, colexios profesionais e outras entidades--, a responsable de Satse en Galicia, Lourdes Carbajo, defendeu que o persoal de enfermaría ten "capacidade para traballar" e está "preparado para iso", pero aínda que subliñou que "a capacidade de traballo é moita, pero está ao límite".

Por iso, como outros sindicatos e profesionais, Satse reivindica máis persoal de enfermaría en Atención Primaria, como trasladou ao Sergas "noutras ocasións". "Máis matronas, máis enfermeiras e máis fisioterapeutas", resaltou porque "se non a Atención Primaria non vai adiante".

Ao fío diso, incidiu en que a proposta avanzada polo conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, no Parlamento este martes levada ao Consello Técnico de Atención Primaria de trasladar ao persoal de enfermaría máis capacidades, así como aos farmacéuticos deste nivel asistencial, para descargar aos facultativos dalgúns labores, require máis persoal.

Tras dúas horas de reunión, a representante de Satse asegurou que o trasladado no Consello Técnico deste mércores foi "todo moi etéreo, sen concretar nada". "Como non invistan en persoal, pouco que facer", lamentou.

O sucedido este verán nos centros de saúde, puntualizou Carbajo, "non é novo", aínda que nesta ocasión viuse agravada pola pandemia pola Covid-19. Por tanto, insiste en reclamar un "número suficiente" de enfermeiras para Primaria.

Nesta liña, por parte de CIG Saúde, o seu responsable, María Xosé Abuín, manifestou que a mellora da Atención Primaria "non pasa" por delegar en enfermeiras e farmacéuticos parte do traballo dos facultativos, á vez que lamenta a "falta de previsión" porque por parte deste sindicato levan "desde 2012 dicindo que non hai médicos, nin se lles espera".

"NECESIDADES E SOLUCIÓNS"

Por iso, insistiu no "problema" das xubilacións e da formación de médicos MIR. "Parece que é unha fuxida cara adiante", comentou en relación á formulación desa delegación de tarefas. "O persoal está esgotado. É un cóctel previsible que xa se sabía que ía suceder", resaltou en relación á falta de médicos e de recursos en Atención Primaria.

Neste sentido, Abuín apostou por traballar en "identificar as necesidades e pór solucións", en especial para afrontar as próximas xubilacións de profesionais. Segundo comentou, na reunión explicáronlles o funcionamento dos rastrexadores e diversas carteiras de servizos, ademais de protocolos sobre atención domiciliaria, entre outros.

Pola súa banda, o vicepresidente do Colexio de Médicos de Pontevedra, Manuel Rodríguez Piñeiro, asegurou a Europa Press que se debe retirar o "exceso de burocracia" aos facultativos, á vez que, sobre a proposta de trasladar máis capacidades a enfermaría e farmacéuticos, preguntouse que van facer estes colectivos cun paciente enfermo, vano a diagnosticar?".

Sobre a prescrición de medicación o doutor Rodríguez Piñeiro fixo fincapé en que "hai que vixiar e pautar", polo que salvo en casos como nalgúns enfermos crónicos como diabéticos, "se vas a que che renoven unha medicación terá que ter un seguimento".

Neste sentido, recalcou que "a situación de sobredemanda de patoloxía aguda non poderá recaer en enfermaría nin en farmacéuticos" porque, puntualizou, "é actividade clara do médico" centrada en "diagnóstico e tratamento". "Dubido moito que sexa --esa delegación de capacidades-- a solución que poida aliviar algo as consultas de Atención Primaria", concluíu.

Ás reunións deste Consello Asesor Técnico de Atención Primaria non acoden representantes do Consello Galego de Colexios Médicos tras decidir que "era moi pouco útil", lembraron fontes destas entidades colexiais.
 

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



Centro de saúde, atención primara / Europa Press. / Europa Press

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.