A Xunta di que o BNG minte nas súas argumentacións sobre a futura lei de augas

O departamento de Infraestruturas mostrou unha carta dirixida á alcaldesa de Tomiño, con isto queren informar que o Bloque goberna algúns concellos "con máis beneficiarios polo apoio que presta Augas de Galicia".

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 20/09/2021

A Consellería de Infraestruturas saíu ao paso das críticas do BNG ao anteproxecto de lei do ciclo da auga que prepara a Xunta e acusa á formación nacionalista de "mentir", á vez que esgrimiu unha carta enviada á alcaldesa de Tomiño, Sandra González, en 2020.

Así, a Xunta di no seu comunicado que o BNG goberna nalgún dos municipios galegos "con máis beneficiarios polo apoio que presta Augas de Galicia" aos concellos no exercicio das súas competencias de saneamento, abastecemento e depuración.

Así mesmo, defende que o obxectivo da lei que prepara é "ordenar, reforzar e estender" esa axuda a todos os concellos que o solicitan, "sen crear novos impostos". O BNG advertiu, pola súa banda, que o texto (que aínda non entrou na Cámara e que estivo a exposición pública ata o 15 de setembro) "triplica" os impostos e ademais obriga aos concellos a sumarse á organización da Xunta se queren recibir investimentos a cambio.

Un dos concellos que "máis se beneficiou" deste apoio da Xunta, sinala, é o de Tomiño "cuxa alcaldesa se manifestou hoxe en contra do modelo de axuda impulsado pola Administración autonómica", motivo polo que "lamenta a súa incoherencia".

Así, e esgrimindo unha carta de resposta á alcaldesa de Tomiño do ano 2020, apunta que este municipio "rexeita asumir a xestión da depuradora municipal e acepta que sexa Augas de Galicia a que se encargue do seu funcionamento desde hai anos, proporcionándolle un inxente apoio económico e técnico a este municipio".

Así, diríxese a Sandra González para indicarlle que "se non está de acordo co modelo que lle proporciona a Xunta ao seu municipio, pode asumir de forma inmediata a xestión da depuradora municipal, facéndose cargo dos custos e da responsabilidade do seu mantemento".

MODELO "VIABLE"

O departamento que dirixe Ethel Vázquez sinala que o anteproxecto de lei de xestión do ciclo integral da auga pretende "ordenar e reforzar o apoio" que a Xunta presta aos concellos. Di que, por unha banda, establécese un "modelo viable" para que se poida estender a colaboración a todos os concellos que voluntariamente o soliciten e, por outro, habilítase unha canle para que ese apoio se poida ampliar á xestión de novas instalacións, como colectores.

"O fin último é mellorar os servizos que se prestan aos cidadáns e a calidade das augas de Galicia sen subir taxas nin crear outras novas, limitándose a reordenar as que xa existen", remarcou.

A Xunta recada o chamado coeficiente de vertedura que, coa nova lei, pasará a chamarse canon de xestión de depuradoras para "adecuarse máis á súa funcionalidade". Nos concellos nos que a Xunta non xestiona a depuradora, os custos son recadados polo concello e así continuará coa nova lei.

A Xunta será a que pase a cobrar polos servizos de saneamento naqueles municipios nos que empezo a xestionar os colectores, substituíndo a taxa que antes recadaba o municipio. "O anteproxecto de lei non leva aparellada a creación de novas taxas. A ordenación dos sistemas xestionados por Augas de Galicia permitirá aplicar economías de escala e a implementación de medidas de eficiencia fará posible aforrar custos, o que redundará nunha diminución dos gastos asociados á prestación dos servizos", apunta a Xunta.

Así as cousas, o Goberno empraza ao BNG a "abandonar as falsidades e as declaracións irresponsables sobre a xestión da auga, así como a asumir de forma efectiva un compromiso real cos obxectivos sociais e ambientais de mellora da calidade das augas". O vindeiro venres están convocadas as distintas partes afectadas para volver abordar esta cuestión.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

1 comentario
1

Gamela

Por qué ninguén é capaz de ser transparentes nas políticas da auga ? Na EDAR do Lagares en Vigo levamos demasiado tempo sen coñecer os niveis efectivos de depuración que se verten á ría e parece que antes teremos noticia dos micropláticos que das bácterias que contaminan as nosas rías...? https://www.gciencia.com/mar/fibras...

1 resposta
1

Por Gamela: Ampliamos a argumentación de por qué todo o mundo está a falar do plástico pero ninguén fai nada para remedialo ! https://www.gciencia.com/mar/non-qu...


Unha muller carga con varios bidóns con auga, a 11 de setembro en Santiago de Compostela, A Coruña (Galicia).. Álvaro Ballesteros - Europa Press

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.