A Xunta di que chamará "un por un un" aos non vacinados para darlle "outra oportunidade"

Unhas 45.000 persoas, entre usuarios de residencias e inmunodeprimidos, recibirán en Galicia a dose 'extra'.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/09/2021

Unhas 45.000 persoas --case 30.000 en residencias de maiores e outros 15.000 pacientes inmunodeprimidos-- recibirán a terceira dose da vacina contra a covid-19 en Galicia, segundo cifras que achegou este martes a directora xeral de Saúde Pública da Xunta, Carmen Durán.

En declaracións aos medios no arranque da administración da dose 'extra' na residencia pública Porta do Camiño, en Santiago, a directora xeral estimou que no prazo de dúas semanas os centros sociosanitarios da Comunidade galega poderán estar xa cubertos coa terceira picada.

Iso si, non puido dar unha data tope para as persoas inmunodeprimidas, que compoñen o chamado "grupo 7" da campaña de vacinación, porque o que vai marcar " o ritmo" será tanto o tipo de patoloxía que teñan como a medicación que tomen. "Non se poden vacinar todos nos mesmos prazos", explicou.

OS NON VACINADOS

Ademais, preguntada sobre as persoas que aínda quedan pendentes inmunizarse contra o coronavirus, Carmen Durán incidiu en que o Servizo Galego de Saúde (Sergas) conta con tres sistemas. En primeiro lugar está a autocita --chamamento por SMS por grupos de idade--, que está a dar "moi bos resultados ata agora". En segundo lugar, referiuse a os diversos puntos de vacinación habilitados para que as persoas acudan sen cita previa.

A estes engadiu que o Sergas está a tratar de localizar "un por un" a todos os que aínda non contan con ningunha dose "para establecer comunicación directa a través do teléfono e darlles outra oportunidade de poder vacinarse durante estes días".

"Pídolles un pasiño máis de responsabilidade", demandou, á vez que garantiu que a Xunta porá "todas as facilidades do mundo" para poder chegar "á máxima porcentaxe posible" de poboación inmunizada.

MÁIS DO 91% DE POBOACIÓN DIANA VACINADA

A responsable de Saúde Pública destacou que Galicia, con datos deste luns, é a comunidade con "maior porcentaxe" de poboación cunha dose e "a segunda" coa pauta completa contra a covid-19, grazas á "responsabilidade da cidadanía".

E é que un 91,42% da poboación diana --maiores de 12 anos-- conta coa pauta completa tras acabar o proceso este luns outras 4.263 persoas, o que sitúa en 2.243.928 os cidadáns inmunizados ata a data, que supoñen o 83,1% do conxunto dos habitantes da Comunidade galega.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



Vacinación de menores de 30 anos na Cidade da Cultura / Europa Press. / Europa Press

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.