A Xunta busca que a hostalaría peche máis alá da 01.00 horas da madrugada e recupere o seu horario

"A idea xeral é proseguir na volta á normalidade" di o conselleiro Julio García Comesaña.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/10/2021

O comité clínico que asesora á Xunta na toma de decisións na pandemia analizará este mércores o horario da hostalaría, que ata agora ten como máximo a 1 da madrugada, pero a decisión final adoptarase tras este encontro e unha reunión co propio sector tamén na mesma xornada.

En declaracións aos medios en Ourense, o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, lembrou que o comité clínico de hai 15 días xa apuntou que habería un aumento de aforamentos máximo no caso de que se mantivese o ciclo epidemiolóxico á baixa, como se está confirmando.

"E os datos mantéñense e mesmo melloran", sinalou Comesaña, quen apuntou que "o camiño a seguir é esa volta á normalidade, pero mantendo aspectos tan importantes como o uso das máscaras nos interiores, a distancia e evitar aglomeracións", incidiu o conselleiro.

Na súa intervención, insistiu en que "a idea xeral é proseguir na volta á normalidade", pero con esas excepcións de medidas. En canto ao lecer nocturno, explicou que se segue a "tendencia de ir aumentando progresivamente os aforamentos", aínda que neste sector seguirase mantendo o requisito do certificado covid de vacinación --ou proba diagnóstica negativa ou certificado de superar a enfermidade no últimos seis meses--.

O conselleiro de Sanidade ratificou, iso si, que está encima da mesa a recuperación de horario "máis aló da unha da madrugada". "Temos unha reunión co sector, do mesmo xeito que co comité clínico, par tomar a decisión final", explicou. Este xoves está previsto que o Consello da Xunta aprobe o levantamento do estado de emerxencia sanitaria, que se fará efectivo a partir do sábado.

CONDICIÓNS DA HOSTALARÍA

A hostalaría está aberta ata como máximo a unha da madrugada e con aforamentos en función dos niveis de seguridade que se decide nos establecementos. Nos de menores requisitos, o interior pódese ocupar ao 75 por cento (máximo de dez persoas por grupo) e ao 90 por cento en terrazas (máximo de 20 persoas).

No caso do segundo nivel, actualmente o aforamento é do 90 por cento en interior (máximo 10 persoas) e 100 por cen en terrazas (máximo 20 persoas); ademais pódense usar de forma individual as barras, ata un máximo de dúas persoas que conviven ou que sexan 'burbulla' e con distancia de seguridade de 1,5 metros doutros usuarios.

A Xunta tamén ten vixente un nivel de seguridade no caso de ter que activalo por unha situación epidemiolóxica de agravamento. Nese caso, pecharíase o interior ata un 30 por cento da súa capacidade e un máximo de oito persoas por grupo, mentres que as terrazas quedarían ao 50 por cento.

No lecer nocturno, o interior está limitado ao 50 por cento en interior e un máximo de 2.000 persoas no caso de menor seguridade (e 75% en exterior); mentres que nos establecementos en que se pide certificado covid está permitido o 75 por cento de aforamento, terrazas ao 100 por cen e abrir ata as 4 da madrugada (unha hora máis que o nivel anterior).
 

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



Varias persoas na terraza dun bar, a 18 de setembro de 2021, na Coruña.. M. Dylan - Europa Press / Europa Press

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.