Feijóo e o seu equipo soben o soldo un 2% e o gasto en persoal de gabinete crece un 6,7%

Esa porcentaxe será o que aumenten as nóminas de todos os funcionarios o ano que vén.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 20/10/2021

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e o resto de integrantes do seu Goberno sóbense o soldo un 2% nos orzamentos da comunidade autónoma para 2022. Esa porcentaxe será o que aumenten as nóminas de todos os funcionarios o ano que vén.

Nas contas públicas da comunidade autónoma de 2021, Núñez Feijóo e os membros do Consello conxeláronse o soldo, aínda que o que si incrementou, nun 0,9%, foi o dos altos cargos do Executivo galego.

O aumento do 2% para 2022 recólleo o proxecto de orzamentos para Galicia que entregou este mércores no Parlamento galego o conselleiro de Facenda, Miguel Corgos.

En concreto, Núñez Feijóo pasa de cobrar 78.089 euros a 79.651, mentres que o os seus dous vicepresidentes e o resto de conselleiros ven incrementados os seus salarios de 68.154 a 69.517 euros.

En canto ao persoal eventual de gabinete do Executivo autonómico, o proxecto de orzamentos galegos para o próximo exercicio recolle un total de 6,37 millóns, deles 1,73 correspondentes á Presidencia e 1,11 á Vicepresidencia 1ª da Xunta. Son un 6,7% máis que en 2021, cando a cifra se situaba en 5,97 millóns.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, durante o debate do Estado da Autonomía de Galicia, no Parlamento galego, a 13 de outubro de 2021, en Santiago de Compostela / Álvaro Ballesteros - Europa Press.

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.