Volven aumentar os novos contaxios de covid-19, pero baixan os casos activos e os hospitalizados

Galicia notifica 663 infeccións activas menos e nove hospitalizados menos, pero rexistra 356 contaxios máis que na xornada anterior.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 22/01/2022

Os novos contaxios de covid-19 presentan este sábado unha pequena repunta, tras a tendencia descendente dos últimos dous días, con 6.695 novos casos --356 máis que a xornada anterior--; aínda por enriba dos 6.000. Os casos activos, pola súa banda, descenden e sitúanse nos 78.029 --663 menos--, así como os hospitalizados, 551 --nove menos nas últimas 24 horas--. A taxa de positividade sobe lixeiramente ata o 23,76%.

Segundo os datos actualizados na mañá deste sábado pola Consellería de Sanidade con rexistros ata as 18,00 do venres, baixan a 49 as persoas ingresadas en UCI pola Covid-19 en Galicia --catro menos--, así como as hospitalizadas noutras unidades, 502, --cinco menos--.

Por áreas sanitarias, a presión hospitalaria alíviase en seis das sete; só Vigo presenta máis hospitalizados, con 69 pacientes en unidades convencionais -catro máis-, e oito en críticos -un menos--.

Así, na da Coruña e Cee baixan a 12 o críticos --un menos--, e mantéñense en 128 os doutras unidades -sen cambios--, mentres que na de Ourense tamén se rexistra un descenso nos ingresados por Covid en planta, que caen a 64 -tres menos--, mentres que aumentan a nove os hospitalizados en UCI --uno máis--.

A área de Santiago e Barbanza rexistra seis pacientes Covid en UCI --un menos-- e 80 noutras unidades -sen cambios--, mentres que na de Ferrol se reducen a un os críticos --un menos-- e a 30 os ingresados noutras unidades -cinco menos--.

Pola súa banda, na área de Pontevedra e O Salnés baixan a sete os pacientes Covid en UCI -un menos-- e continúan con 81 hospitalizados noutras unidades -sen cambios--, mentres que a de Lugo tampouco notifica cambios en coidados intensivos e continúa con seis pacientes, e conta con 50 hospitalizados en planta -un menos--.

MENOS CASOS ACTIVOS

Galicia rexistra un lixeiro descenso nos casos activos, --rompendo a tendencia ascendente dos últimos días-- con 78.029 casos, 663 menos nas últimas 24 horas ao haber máis altas (7.353) que contaxios (6.695), ademais de cinco falecementos.

Por áreas sanitarias, os casos activos descenden en todas as áreas menos na da Coruña, que suma 10 casos máis. Entre as que notifican descensos, o máis acusado preséntao o distrito sanitario de Ourense (-270), seguido por Santiago (-245), Ferrol (-88), Vigo (-39), Lugo (-29) e Pontevedra (-2).

Por tanto, con máis casos activos continúa a área sanitaria de Vigo, con 20.860; seguida da Coruña e Cee, con 16.197; Santiago e Barbanza, con 11.850; Pontevedra e O Salnés, con 9.258; Lugo, con 8.020; Ourense, con 7.972; e á cola mantense a de Ferrol, con 3.872.

Segundo os últimos datos actualizados polo Ministerio de Sanidade este pasado venres 21 de xaneiro, a incidencia acumulada a 14 días descende de novo lixeiramente en Galicia a 3.259,07 casos por 100.000 habitantes, fronte aos 3.418,46 de media en España, que se incrementa.

MÁIS CONTAXIOS

Os novos contaxios de Covid-19 repuntan ata os 6.695, o que supón 356 máis nas últimas 24 horas, cando se notificaron 6.339, tras os 6.638 da xornada anterior, os 6.619 do mércores, despois de rexistrar 4.716 o martes e comezar esta semana con 4.916. Con todo, están por baixo dos 8.427 detectados hai unha semana, o venres 14 de xaneiro.

Así, desde o inicio desta pandemia ascenden en Galicia a 371.529 contaxiados por coronavirus, dos que 86.806 corresponden á área de Vigo; 78.468, á da Coruña; 56.216, á de Santiago; 45.732, á de Ourense; 44.094, á de Pontevedra; 38.391, á de Lugo; e 21.822, á de Ferrol.

En canto á taxa de positividade en PCR --número de infeccións detectadas cada 100 test--, sobe ao 23,76% desde o 23,36% da xornada anterior e tras situarse no 21,8% este xoves, estar no 18,73% o mércores e descender este martes a un 16,3%, despois de comezar esta semana nun 18,28%. Por iso, mantense moi por enriba do limiar do 5% que fixa a Organización Mundial da Saúde (OMS) para dar por controlada a pandemia.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



Varias persoas fan cola para facerse PCR, nun punto móbil de PCR gratuítas no Naútico de Vigo, a 23 de decembro de 2021 / Marta Vázquez Rodríguez - Europa Press.

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.