Un consorcio galego impulsa unha nova proba diagnóstica da Covid con nanotecnoloxía

Un consorcio galego integrado por AMSlab. AMSbiopharma, Bflow e a USC investiga sistemas de detección do SARS-COV-2 baseados en PCR e nanotenoloxía.

Por Galicia Confidencial | Lugo | 25/01/2022

Nanotecnoloxía na loita contra a Covid e con investigadores galegos. Ese é o obxectivo do proxecto Detección rápida e automatizable para SARS-Cov-2 baseada en PCR, nanotecnoloxía e microfluídica (NANOFLUIDETEC) que investiga para o desenvolvemento dun sistema de detección de SARS-CoV-2, o virus que provoca a enfermidade COVID-19. Faino utilizando técnicas moleculares e integrando a nanotecnoloxía e microfluídica coa automatización e potencial conectividad para a súa comunicación.
 
O consorcio que dá vida a este proxecto está formado polos laboratorios lucenses AMSlab e AMSbiopharma; pola *biotech *Bflow, con sede en Santiago de Compostela, e polo Campus de Lugo da Universidade de Santiago de Compostela (USC).
 
O sistema a desenvolver, que consiste nun dispositivo eficaz compatible con métodos de diagnóstico de baixo custo, pretende ser facilmente adaptable e que esta flexibilidade permita aumentar a capacidade de resposta diagnóstica en futuras pandemias ou outras enfermidades de diagnóstico común.
 
"A iniciativa pretende, por tanto, a mellora dos actuais sistemas de detección baseados en PCR, tanto en rapidez, como en fiabilidade e complexidade técnica. O dispositivo final estaría pensado para o seu uso en centros de atención primaria, asistenciais ou residencias", sinalan os impulsores nun comunicado.
 
Point-of-care-testing (POCT) é un tipo de probas diagnósticas que ofrecen un resultado en poucos minutos, sen necesidade de enviar a mostra a un laboratorio. É unha tecnoloxía similar á dos sistemas domésticos para controlar a glicosa que empregan os diabéticos nos seus domicilios ou aos aparellos utilizados para medir o índice de coagulación do sangue, sen necesidade de facer unha extracción en vea, das persoas que están medicadas con Sintrom.
 
O proxecto NANOFLUIDETEC está baseado en desenvolvementos científicos anteriores e actuais do consorcio para obter un sistema que permita a detección do material xenético do SARS-CoV-2 en individuos sospeitosos de COVID-19 para simplificar o tedioso proceso de extracción do virus SARS-COV-2. 

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



Chips de nanotecnoloxía para indentificar a Covid nun proxecto impulsado por un consorcio galego / remitida

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.