A autocita para a vacinación contra a COVID abre o 14 de xullo para as primeiras doses de adultos e nenos

A administración autonómica detallou que, no momento no que unha persoa cumpra os criterios e entre en campaña, a Xunta enviaralle un SMS para indicarlle que xa pode pedir cita.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/07/2022

A Xunta abrirá a partir do 14 de xullo a autocita para a vacinación da Covid-19 das primeiras doses de adultos e de nenos, así como as doses de recordo para a poboación maior de 18 anos.

Segundo trasladou a Consellería de Sanidade, a autocita poderá realizarse a través da web do Sergas (www.sergas.es) ou por medio da aplicación Sergas Mobil. Tamén se poderá realizar no número de teléfono 881 54 00 45.

Así mesmo, a administración autonómica detallou que, no momento no que unha persoa cumpra os criterios e entre en campaña, a Xunta enviaralle un SMS para indicarlle que xa pode pedir cita. Ademais, o sete áreas sanitarias tamén as poderán citar activamente.

En todo caso, a Xunta lembrou que continúa en funcionamento a entrada libre para vacinación da Covid-19 nos diferentes hospitais da comunidade.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



Vacinación cotra a covid-19 no Hospital Marítimo de Oza / M. Dylan - Europa Press. / Europa Press

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.