Dez mortes máis de persoas con covid-19 elevan as vítimas en Galicia a 3.727

Os pacientes ingresados nos hospitais volven caer nas últimas horas.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 15/07/2022

Os pacientes de covid-19 ingresados nos hospitais galegos volveron caer nas últimas horas ata os 850, que son 45 menos que hai un día. Con todo, o Servizo Galego de Saúde (Sergas) notificou 10 novas mortes de persoas infectadas por coronavirus.

Ademais da evolución positiva dos pacientes que requiren hospitalización, os contaxios detectados en 24 horas polo Sergas volveron descender ata os 840, mentres que os casos activos da enfermidade rexistraron unha nova repunta, aínda que lixeira, ata os 13.865.

No que respecta aos falecidos, a Xunta notificou outros 10, de persoas con patoloxías previas, correspondentes a catro días diferentes, entre o luns 11 e o xoves 14 de xullo. O luns, morreu diagnosticada de covid unha muller de 84 anos na área sanitaria de Vigo, e o martes, neste mesmo distrito, faleceu outra de 88.

O mércores 13 producíronse sete óbitos: dous na área de Vigo (muller de 91 e home de 85 anos), dous na de Ourense-Verín-O Barco de Valdeorras (mulleres de 96 e 94), outros dous na Coruña-Cee (homes de 91 e 85) e un na de Santiago-Barbanza (home de 71). A última morte rexistrouse o xoves 14 na área de Ourense (home de 78).

Con esta decena de novos falecidos, a listaxe oficial de vítimas que deixa a pandemia en Galicia é de 3.727.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



Persoal sanitario atende un paciente de covid-19 na UCI do hospital Povisa de Vigo / Miguel Riopa - Remitida por Povisa.

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.