Os casos covid "oficiais" activos en Galicia baixan dos 5.000

Descenden tamén os ingresados a 425, oito menos, e os novos positivos, 239 nas últimas horas.

Por Europa Press / Redacción | Compostela | 30/07/2022

Os casos activos de covid-19 contabilizados polo Servizo Galego de Saúde (Sergas) retoman a tendencia á baixa rexistrada nas últimas xornadas, tras marcar un pequeno repunte este venres. Así, son 4.478 infeccións activas (407 menos que hai 24 horas).

En canto ao resto de indicadores da pandemia, os hospitalizados con coronavirus seguen á baixa e sitúanse nos 425, que son oito menos que hai un día. Todo iso nunha xornada na que a Consellería de Sanidade notifica a morte doutro cinco persoas diagnosticadas de coronavirus, 239 novos positivos e 872 curados.

Os falecidos, todos con patoloxías previas, elevan o cómputo a 3.820 desde o inicio da pandemia en Galicia. Segundo indica o Sergas, os óbitos rexistráronse o 28 de xullo e dous deles corresponden a un home de 76 anos da área da Coruña e a outro de 87 anos da de Santiago. AS tres mortes restantes notificáronse na área sanitaria de Pontevedra e corresponden a dous homes de 78 e 89 anos, e a unha muller de 96 anos.

No que respecta aos casos activos, de acordo cos datos do Sergas da mañá deste sábado, actualizados ás 18,00 do venres, o descenso prodúcese en todas as áreas sanitarias. A da Coruña-Cee consegue baixar do milleiro, con 942 casos activos, 64 menos que hai 24 horas; a de Santiago reduce os casos ata os 734 (-59) e a de Lugo ata os 515 (-75). Descenden tamén na área de Vigo, ata os 717 (-52); na de Ourense-Verín-O Barco de Valdeorras, a 699 (-71); na de Ferrol, a 443 (-39); e na de Pontevedra-O Salnés, a 406 (-42).

CONTAXIOS EN 24 HORAS

En canto aos contaxios, o cómputo oficial do Sergas é de 669.941 casos desde o inicio da pandemia, polo que nas últimas 24 horas detectáronse 239 positivos novos, 111 menos que hai 24 horas. De todos eles, a área da Coruña suma 53 casos contabilizados e séguenlle Lugo (+36), Vigo (+35), Santiago e Ourense (+32), Ferrol (+27) e Pontevedra (+23).

BAIXAN Os HOSPITALIZADOS

Pola súa banda, os hospitalizados con covid en Galicia baixaron nas últimas horas a 425, que son oito menos que unha xornada atrás. De todos eles, 403 son ingresados en planta (-6) e 22 (-2) están en unidades de coidados intensivos.

O descenso rexístrase en catro do sete. É o caso da de Lugo, con 43 hospitalizados (-1), dous deles en UCI (-1); da de Ferrol, con 27 (-7), sen pacientes críticos; da de Pontevedra, con 71 (-8), dúas deles en coidados intensivos (sen cambios); e da de Ourense, con 67 (-8), un deles na UCI (-1).

Por contra, os ingresados soben na área da Coruña, con 92 hospitalizados en total (+5), dos que catro están en coidados intensivos (-1); mentres que a de Vigo rexistra 61 ingresados (+4), seis deles na UCI (sen cambios); e a de Santiago, 64 (+6), dos que sete permanecen en críticos (+1).

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



Hostalaría galega, a 11 de febreiro de 2022, na Coruña. M. Dylan - Europa Press / Europa Press

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.