Os casos covid "oficiais" baixan ata os 3.553 en toda Galicia

Tamén hai menos hospitalizados en planta e UCI.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/08/2022

Os casos activos de covid-19 contabilizados polo Servizo Galego de Saúde (Sergas) volven baixar na última actualización realizada polas autoridades sanitarias, tras marcar un pequeno repunte o pasado venres. Así, as infeccións activas sitúanse en 3.553, un total de 925 menos que no parte do sábado.

En canto ao resto de indicadores da pandemia, os hospitalizados con coronavirus seguen á baixa e sitúanse en 396 --377 en unidades de hospitalización convencional e 19 en unidades de coidados intensivos (UCI)--.

Este luns, a Consellería de Sanidade non notificou novos falecementos de persoas contaxiadas con covid-19 --as vítimas mortais desde o inicio da pandemia en Galicia son 3.820-- e os novos casos abertos que se comunican foron 108.

No que respecta aos casos activos, de acordo cos datos do Sergas da mañá deste luns en relación cos notificados o sábado (o domingo non se actualiza o parte), o descenso de persoas coa infección activa reflíctese en todas as áreas. Así, a da Coruña-Cee pasa de 942 casos activos o sábado a 753 --189 menos--; a de Santiago reduce os casos ata os 556 (-178) e a de Lugo ata os 416 (-99). Descenden tamén na área de Vigo, ata os 553 (-164); na de Ourense-Verín-O Barco de Valdeorras, a 565 (-134); na de Ferrol, a 356 (-87); e na de Pontevedra-O Salnés, a 335 (-71).

NOVOS POSITIVOS

En canto aos contaxios, o cómputo oficial do Sergas é de 670.263 casos desde o inicio da pandemia. O último parte reflicte 108 novos casos: 19 na área da Coruña, 11 na de Ferrol, 14 na lucense, outros 14 na de Ourense, nove na de Pontevedra-O Salnés, 27 na área de Santiago e O Barbanza, e 14 na de Vigo.

BAIXAN OS HOSPITALIZADOS

Pola súa banda, os hospitalizados con covid en Galicia baixaron nas últimas horas a 396, que son 29 menos dos notificados o sábado. De todos eles, 377 son ingresados en planta (-26) e 19 (-3) están en unidades de coidados intensivos.

O descenso rexístrase todas as áreas salvo nas de Lugo e Ourense, que se manteñen sen cambios desde o sábado. Así, na área lucense hai 43 persoas hospitalizadas con covid, tres delas na UCI (un máis que o sábado); mentres que en Ourense seguen 67 persoas diagnosticadas con coronavirus, un deles na UCI.

En canto ao resto de áreas, na de Ferrol baixan a 26 os hospitalizados (-19) e segue sen críticos; e na de Pontevedra descenden a 63 (-8) os ingresados, dous deles en coidados intensivos (sen cambios).

Na área da Coruña hai un descenso de seis hospitalizados ata os 86, con tres en críticos (-1); en Vigo os hospitalizados son 54 (-7), dos que cinco están na UCI (-1); e na de Santiago, 57 (-7), dos que cinco están na UCI (-2).

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



Unha sanitaria prepara probas PCR en Monforte de Lemos (Lugo) / Carlos Castro - Europa Press. / Europa Press

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.