Falecen outras 15 persoas con covid en Galicia

Corresponden ás xornadas entre o 27 e 31 de xullo.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/08/2022

As autoridades sanitarias galegas notificaron outras 15 mortes de persoas con covid-19 entre o 27 e o 31 de xullo, que elevan a 3.835 os falecidos con covid-19 na Comunidade, onde a última actualización de datos do Servizo Galego de Saúde (Sergas) reflicte que continúa a tendencia á baixa de casos activos e hospitalizados.

Segundo o parte de Sanidade, con datos recompilados ata as 18,00 horas deste luns, os casos activos de covid-19 contabilizados descenden ata as 3.296, un total de 257 menos que na xornada anterior. En canto ao resto de indicadores da pandemia, os hospitalizados con coronavirus seguen á baixa e sitúanse en 377 (19 menos) --362 en unidades de hospitalización convencional e 15 en unidades de coidados intensivos (UCI)--.

Este martes, Sanidade notificou 15 falecementos rexistrados en catro días e, en todos os casos, de pacientes que tiñan patoloxías previas. Así, o día 27 de xullo notifícase o óbito dunha muller de 88 anos na área de Vigo. O día 29 de xullo compútanse outro catro mortes: dous na área sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte (un home de 72 e unha muller de 87); outro falecemento na área sanitaria de Vigo, dunha muller de 93 anos; e o dun home de 86 anos, na área sanitaria da Coruña e Cee.

O día 30 de xullo notifícanse cinco falecementos: un home de 84 anos, na área sanitaria da Coruña e Cee, unha muller de 86, na área sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, unha muller de 94 na área lucense, unha muller de 89 anos na área sanitaria de Santiago e O Barbanza, e un home de 80, na área sanitaria de Vigo.

Finalmente, o 31 de xullo súmanse cinco falecementos, que engrosan unha listaxe de óbitos de persoas contaxiadas co coronavirus de 3.835 desde o principio da pandemia: un home de 87 anos e outro de 75 na área sanitaria de Vigo, un home de 81 na área ourensá, unha muller de 89 na área de Santiago, e un home de 93 na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés.  Finalmente, desde o inicio da crise sanitaria curáronse do coronavirus 662.996 persoas. Sanidade tamén informa de que o número de vacinas contra a covid-19 administradas é xa en Galicia de 6.713.60; e o número de PCR realizadas, de 3.961.244.
 

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



Unha sanitaria prepara probas PCR en Monforte de Lemos (Lugo) / Carlos Castro - Europa Press. / Europa Press

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.