Arde Galicia: "Pódese dicir que este desastre ecolóxico ten a dimensión do Prestige"

O alcalde da Pobra do Brollón, José Luís Maceda, chama a rexenerar O Courel "canto antes".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/08/2022

O alcalde da Pobra do Brollón, José Luís Maceda, chamou a rexenerar a zona arrasada polo lume na serra do Courel "canto antes" tras sufrir o que considera un "Prestige forestal". "É de gran tristeza e frustración ver como quedou arrasada toda esa zona", lamentou o rexedor sobre un lume que calcinou 11.100 hectáreas, no maior incendio en Galicia desde que hai rexistros.

Na Pobra, o rexedor sinala que este lume "arrasou unha zona de especial riqueza forestal e de interese paisaxístico, nunha zona que limita co Courel". Así, sostén que "neste momento hai que buscar unha solución para rexenerar o monte canto antes, e nalgún caso tramitar as axudas para rehabilitar as vivendas afectadas".

Sobre a declaración de zona catastrófica, José Luís Maceda, apuntou que debe ser como un "todo" que afectou a tres municipios: A Pobra, Folgoso do Courel e Quiroga. "No Courel o lume afectou á reserva da biodiversidade de forma moi importante. O desastre ecolóxico está aí, e pódese dicir que ten a dimensión do Prestige", comparou Maceda.

O alcalde da Pobra do Brollón, que é veterinario, calcula que "foron moitos máis de 40.000" os animais que puideron perecer neste incendio.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

2 comentarios
2

Ferroviario

Pero : a) Está prohibido plantar mais eucaliptos. b) A cerne do problema é que moitos incendios en Galicia son provocados, e non precisamente pola oligarquía madrileña. Eis o que determinados discursos sempre calan. C) Este ano os grandes incendios son en Ourense, precisamente onde hai poucos eucaliptos. D) Os eucaliptos son una praga, pero tampouco é precisamente a oligarquía madrileña quen os planta. E) Cando hai un incendio arrasa con todo, as carballeiras non o paran. F) O rollo ese de " servos" paréceme moi pasado.


1

Moine

A seguir plantando eucaliptos e pinheiros, dentro de pouco nom teremos nem terra para colheitar nela. Sob umha plantaçom de eucaliptos ou pinheiros fai mais calor que fora d’elas, por tanto ressecam a terra e nom mantem a humidade; sob um souto ou carvalheira há mais fresco que o calor de fora d’elas, por tanto mantenhem a humidade; esta é a cerna do problema. Mas, temos que produzir celulose para enriquecer à oligarquia madrilenha; até as empresas assentadas na Galiza, tenhem o seu domicilio fiscal em Madrid; enquanto aqui, na Galiza, estamos a suportar a sua contaminaçom e os seus custos. Quem paga a política contra-incêndios, senom nós; tratam-nos como servos e Nós seguimos a votar aos partidos madrilenhos, manda caral..!


Helicóptero tentando atallar o lume de Folgoso do Courel / Guillermo Díaz Aira - FB

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.