Dous ciclistas atropelados nunha mañá cargada de accidentes en Galicia

Descoñécese o alcance das feridas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/08/2022

Un total de catro ciclistas resultaron feridos en diferentes atropelos e caídas ocorridos en Galicia na mañá desta xornada de luns, segundo informa o 112. En concreto, un ciclista foi atropelado en Nigrán por un camión do lixo. Os feitos sucederon ás 9,15 horas na rúa Canido. Un particular deu aviso do sucedido, nun sinistro no cal o ferido necesitou asistencia sanitaria.

Xa en Ferrol, unha persoa foi testemuña dun atropelo a un ciclista na incorporación da Avenida Esteiro á Avenida das Pías. Sobre as 9,45 horas, solicitaba asistencia para o ferido, que se atopaba consciente.

Pola súa banda, un dos integrantes dun grupo de ciclistas resultou ferido de consideración ao sufrir unha caída cando circulaban pola EP-6303, ao seu paso polo municipio pontevedrés de Agolada. O home necesitou ser evacuado ao Complexo Hospitalario Universitario de Santiago a bordo do helicóptero medicalizado.

Este suceso produciuse sobre as 10,45 horas, cando circulaban pola estrada que une Brantega con Toiriz. Tamén se pediu a colaboración dos Bombeiros do Deza, GES de Lalín e axentes da Garda Civil de Tráfico, entre outros medios.

Paralelamente, esta accidentada mañá de 15 de agosto para ciclistas galegos complétase con outro ferido por unha caída en Sarria, na rúa do Camiño Francés, sobre as 11,15 horas. A consecuencia do golpe, o ferido tivo que ser trasladado en ambulancia ao Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA).
 

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



O helicóptero medicalizado do 061 agarraches a un ciclista ferido en Agolada. @HELICOSANTIAGO / Europa Press

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.