A Covid mantense á baixa en Galicia con 173 persoas ingresadas en hospitais

A Consellería de Sanidade conta 1.570 casos activos rexistrados por PCR a persoas vulnerables.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/08/2022

Os novos contaxios diarios de covid-19 sitúanse en 139 --con datos actualizado ata as 18,00 horas do martes-- en Galicia, por encima dos 73 da anterior xornada, segundo os datos publicados pola Consellería de Sanidade. No entanto, Galicia conta con 1.570 casos activos totais de coronavirus, o que supón case un centenar menos que os 1.668 do día anterior. A taxa de positividade de PCR ascende ao 10,9%.

Pola súa banda, as persoas hospitalizadas con covid tamén van á baixa en Galicia, cun total de 173, son 20 menos que os que había o pasado venres. Ademais, hai 13 persoas ingresadas na UCI. Mentres, 1.384 persoas están en seguimento nos seus domicilios. A cifra de falecidos con coronavirus mantense estable en 3.862. As dúas últimas mortes producíronse o 11 de agosto, segundo datos do Sergas.

Desde o inicio da pandemia, un total de 667.449 persoas curáronse de covid en Galicia. Realizáronse preto de 4 millóns de probas PCR, mentres que as doses administradas da vacina son 6,7 millóns.

ÁREAS SANITARIAS

Por áreas sanitarias, a da Coruña é a que conta con maior número de hospitalizados, cun total de 53, seguida por: Ourense (31), Lugo (22), Pontevedra-O Salnés (22), Santiago-O Barbanza (18), Vigo (15) e Ferrol (12).

No tocante a casos activos, A Coruña tamén está á cabeza (381). Despois atópanse: Ourense (266), Lugo (225), Santiago (208), Vigo (205), Pontevedra (144) e Ferrol (131).
 

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



Arquivo - Un home recibe a terceira dose da vacina de Moderna no vacunódromo instalado na Ciutat de Lles Arts i lles Ciències, que reabriu hoxe as súas portas, a 31 de xaneiro de 2022, en Valencia, Comunidade Valenciana (España). O da Cidade d. Rober Solsona - Europa Press - Arquivo / Europa Press

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.