Charla sobre como cambiarán as nosas empresas coa chamada Industria 4.0

Os expertos consideran que este cambio podería supor unha nova revolución industrial. O relatorio será impartido por Oriol Sarmiento e Alberto Villar.

Por GC Emprende | A Coruña | 23/11/2015

A Sede Afundación da Coruña acollerá este mércores 25 de novembro a conferencia «Industria 4.0: Que é e como cambiarán as nosas empresas?», unha iniciativa da Asociación de Alumnos da Escuela de Negocios Afundación.
 
A charla será impartida polo responsable de comunicación e comercial de Elinsa e decano do Colexio de Enxeñeiros Industriais de Galicia, Oriol Sarmiento, e por Alberto Villar, responsable de Edinn Global.
 
O obxectivo do evento é definir as claves da Industria 4.0, considerada para moitos como a nova revolución industrial, cuxa clave reside nas fábricas intelixentes e unha visión informatizada con todos os procesos interconectados por internet. Así, ademais de coñecer os principais retos da Industria 4.0, achegarase unha visión práctica desde a óptica da optimización dos procesos produtivos e a súa eficiencia. A conferencia, de entrada libre e gratuíta, terá lugar ás 19.30 h. A continuación desenvolverase un espazo de networking. A inscrición opde facerse en liña.
 

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



Oriol Sarmiento nunha imaxe do seu blog

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.